Novas | 3111 a 3120 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

25/01/2008
A Universidade de Santiago coordina unha rede de investigación audiovisual

Todas as investigacións que se fagan no campo audiovisual teñen o seu sitio na Universidade de Santiago (USC). Isto é posible grazas a un convenio que asinaron os responsables da Facultade de Ciencias da Comunicación cos da Consellaría de Innovación e Industria. A rede audiovisual é unha parte dun proxecto que pretende incrementar a investigación das novas tecnoloxías da comunicación. Segundo figura no web da USC, esa rede contará con “soporte físico e virtual a través de Internet e fornecida cos fondos científicos e os documentos audiovisuais de interese para a investigación da comunicacións recollidos na súa Mediateca Dixital”.

Máis información no web do USC

. Amplía a nova>>

25/01/2008
125 producións presentáronse aos Mestre Mateo 07

A Academia Galega do Audiovisual acaba de dar a coñecer o listado oficial de producións que competirán polos Mestre Mateo 07. Un total de 125 producións competirán para figurar entre os candidatos nas 27 categorías establecidas pola Academia. Agora chega o momento de que os socios desta entidade fagan as súas votacións das que sairán os cinco candidatos por cada categoría.

Máis información no web da Academia e na nosa hemeroteca

. Amplía a nova>>

24/01/2008
O MACUF achega o cine colombiano nun ciclo

Os sábados e os martes ata o vindeiro primeiro de marzo, o cine ten unha cita co Museo de Arte Contemporáneo, MACUF. A entidade inaugura un ciclo de cine colombiano no que se proxectarán títulos como “A vendedora de Rosas” de Victor Gaviria, “A primeira noite” Luis Alberto Restrepo, “Carne da túa carne” de Carlos Mayolo, “Os nenos invisibles” de Lisandro Duque Naranjo.

Máis información no web do MACUF

. Amplía a nova>>

23/01/2008
A Xunta publica o anuncio de contratación do servizo da Oficina para desenvolver a TDT

Tendo en conta que a TDT (televisión dixital por ondas terrestres) vai substituír á televisión analóxica actual e que o prazo para facelo remata en 2010, cómpre facer a conversión canto antes. Por ese motivo, a Secretaría Xeral de Comunicación acaba de publicar no DOG (nº13 de 18 de xaneiro) o anuncio da contratación do servizo da oficina técnica para o desenvolvemento da TDT. Segundo figura no seu plan director (2007-2010) as principais debilidades de Galicia están derivadas pola súa dispersión, pola falta de coordinación dos axentes implicados no proceso de evolución e a falta de información. Para ese motivo, cun importe de 210.000 euros para este 2008, saca a contratación do servizo que se encarga de coordinar o proceso a través dunha oficina.

Máis información no DOG e no Plan Director no web da Xunta (en pdf)

. Amplía a nova>>

23/01/2008
A canción “Pequeno paria” de “O neno de barro” candidata ao Goya

A exclusión da canción “Happy Happy Chueca” da listaxe de candidatos aos premios Goya na categoría de Mellor Canción Orixinal, incorpora unha nova produción galega. Trátase de “O neno de barro”, coproducida por Adivina Produccións que pasa a figurar no listado dos premios que entrega anualmente a Academia Española de las Artes y las Ciencias Cinematográficas. A rival de da canción de “O neno de barro”, “Pequeno paria”, baterase con “Circus honey Blues” de Víctor Reyes y Rodrigo Cortés do filme “Concursante”, coproducido por Continental. Con esta son xa seis as candidaturas con representación galega nos Goya. As outras son as de María Vázquez (candidata a mellor actriz de reparto), Nocturna (mellor filme de animación) e dúas curtametraxes.

Máis información sobre María Vázquez, O Neno de Barro, Concursante e Nocturna en AVG e sobre os Goya na nosa hemeroteca

. Amplía a nova>>

23/01/2008
Televisión de Galicia ten menos audiencia que as grandes cadeas autonómicas

A FORTA, entidade que agrupa as televisións autonómicas, acaba de dar a coñecer as cifras de audiencia destas cadeas. Segundo publica o seu sitio web a Televisión de Galicia sitúase na audiencia media do Estado, que está nun 14.5%. O 2007 foi un ano difícil para a cadea pública, sobre todo no mes de novembro cando tivo unha cota de pantalla dun 13%, da que recuperou sete décimas no seguinte mes. Con estas cifras, a TVG sitúase lonxe dos resultados de Canal Sur (20,4% de share), TV3 (20.3% de share) e ETB (18,6%). Na primeira quincena de xaneiro, a TVG situouse como a cuarta cadea máis vista en Galicia, case catro puntos por debaixo das outras cadeas.

Máis información no web da Forta: os resultados de 2007 e cotas de pantalla autonómicas

. Amplía a nova>>

23/01/2008
Olaia Sendón achégase no seu segundo documental aos pioneiros do cine na Costa da Morte

Xusto no momento no que continúa imparable o peche de salas de cine, que os estudos falan dun descenso no número de espectadores, Olaia Sendón achégase aos pioneiros. A aqueles homes que foron os encargados de achegar por primeira vez o cine aos veciños da Costa da Morte. Este é o segundo documental que forma parte do proxecto “A Costa Defunta” co que Sendón pretende denunciar a situación de abandono e deterioro desta zona. A presentación de “Os fabulosos irmáns Luz” tivo lugar este sábado na Punta da Barca de Muxía.. Amplía a nova>>

22/01/2008
Un informe asegura que no 2007 se venderon 785.000 entradas de cine menos que no ano anterior

Os últimos estudos do Ministerio de Cultura constata que no 2007 se venderon tres millóns oitocentas mil entradas de cine en Galicia. O problema é que esta cifra é inferior á do ano anterior nun quince por cento, segundo publica hoxe “La Voz de Galicia”, tomando como referencia para o 2006 as cifras publicadas pola Sociedade Xeral de Autores (SGAE). A provincia na que se detecta un maior descenso de asistencia ao cine é a da Coruña, cunha perda de 420.000 espectadores.

Máis información en La Voz de Galicia e no web do Ministerio de Cultura

. Amplía a nova>>

18/01/2008
Caixa Galicia prepara un ciclo de cine para público infantil que xirará polas súas sedes

‘Tardes de lecer: viaxes, retos e aventuras’ é o título do novo ciclo de cine que a Fundación Caixa Galicia prepara para o público infantil. “O castelo ambulante”, “Kirikú e a bruxa”, “Os teleñecos conquistan Manhattan” ou “Dumbo” son algúns dos títulos que se proxectarán ata o mes de xuño por todas as sedes que a entidade ten repartidos por toda Galicia.

Máis información no web da Fundación

. Amplía a nova>>

17/01/2008
A prensa demanda unha maior atención ás produtoras para mellorar a calidade da información audiovisual

“O estado das cousas” era o título co que a Academia Galega do Audiovisual puxo en marcha unhas xornadas de reflexión sobre a situación do sector. Dentro desas xornadas, que recolle a publicación “Papeis da Academia”, recóllense os comentarios do profesional e diferentes temas. No eido dos medios de comunicación, os xornalistas demandan, principalmente, unha maior atención por parte das produtoras para ofrecer ao público unha información de mellor calidade. No debate tamén se recoñece a situación de mudanza do modelo de industria audiovisual que afecta tamén á forma na que se pode divulgar esta información.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org