A exclusión da canción Happy Happy Chueca da listaxe de candidatos aos premios Goya na categoría de Mellor Canción Orixinal, incorpora unha nova produción galega. Trátase de O neno de barro, coproducida por Adivina Produccións que pasa a figurar no listado dos premios que entrega anualmente a Academia Española de las Artes y las Ciencias Cinematográficas. A rival de da canción de O neno de barro, Pequeno paria, baterase con Circus honey Blues de Víctor Reyes y Rodrigo Cortés do filme Concursante, coproducido por Continental. Con esta son xa seis as candidaturas con representación galega nos Goya. As outras son as de María Vázquez (candidata a mellor actriz de reparto), Nocturna (mellor filme de animación) e dúas curtametraxes.
Máis información sobre María Vázquez, O Neno de Barro, Concursante e Nocturna en AVG e sobre os Goya na nosa hemeroteca