A Coruña acolle a estrea de “A muller invisible” e “O neno de barro”

Proximamente

14/5/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Despois da estrea de “Hotel Tívoli” a segunda longametraxe de Antón Reixa, dúas producións galegas están a piques de chegar ás carteleiras. Dunha banda, “O neno de barro” a produción de Adivina que chegará este venres ás carteleiras galegas con catro copias, das que tres estarán en galego. Da outra, “A muller invisible” (Continental e Tornasol) prevista para o 25 de maio. Os cines Fílmax da Coruña acollerán a preestrea destas producións esta semana, o mércores a de “A muller invisible” e o xoves a de “O neno de barro”.

Máis información en AVG sobre “A muller invisible” e ”O neno de barro”

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con AVG, A Coruña, Culturagalega, Antón Reixa

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares