Os Papeis da Academia é o título da publicación que estrea a Academia Galega do Audiovisual co obxectivo de servir de foro de reflexión sobre o sector. No primeiro número recolle un estado da cuestión sobre o que aconteceu no último ano neste eido, ademais de incluír a relación de axudas públicas que conceden as dúas áreas de goberno competentes na materia (secretaría xeral de Comunicación e a consellaría de Cultura), así como diferentes artigos de opinión.
Máis información no web da Academia








