O desencanto de Jaime Chávarri, O tren da memoria de Marta Arribas e Ana Pérez, Chile, a memoria obstinada de Patricio Guzmán ou November de Hito Steyerl teñen en común que son filmes que recollen a transición democrática dos seus países. Todos eles forman parte do ciclo Imaginarios en tránsito que comeza hoxe no Centro Galego de Arte Contemporánea e que, ademais das proxeccións, inclúe unha mesa redonda (venres, 21) coa presenza de Virginia Villaplana, Pedro Ortuño e María Ruido.
Máis información no web do CGAC