A produción británica Auga doce e a galega Augas vivas de Galicia sobre os ecosistemas que viven nos ríos proxéctanse hoxe no marco da XVI Semana de Cine Submarino. Un encontro que organiza o Club Subacuático Bahía de Vigo. Canda as proxeccións, Isabel Pardo, directora do equipo de Ecoloxía de sistemas actuáticos epicontinentais da Universidade de Vigo, ofrecerá a unha conferencia sobre o seu intenso labor investigador na materia. Remata así un ciclo no que tamén falaron Mike Valentine e Manu San Félix.
Máis información no web do Club Subacuático Bahía de Vigo








