Nos últimos meses, a Xunta contou cunha canle a través de internet na que emitiu en tempo real as conferencias do Congreso Pobre Mundo Rico. Agora, a Secretaría Xeral de Comunicación, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, pretende aproveitar o desenvolvemento desa tecnoloxía ao anunciar que estuda a posibilidade de crear unha canle para emitir contidos audiovisuais xerados en Galicia, erixíndose como o escaparate do audiovisual galego no exterior. O anuncio fíxoo Manuel José Fernández, director xeral na materia, no transcurso do Foro da Academia Aberta.
Olla a canle








