Naceron no 2006 para promover o audiovisual feito no país entre xornalistas, distribuidores, directores de festivais e especialistas en xeral. Os encontros Galicia, terra de cine, que promove o Consorcio Audiovisual Galego, celebran a vindeira fin de semana na Coruña a súa segunda edición. Un total de 25 produtoras galegas achegarán máis de 66 proxectos que se verán nas pantallas no vindeiro ano.
Máis información no web do Consorcio e na nosa hemeroteca








