A casa de lola de Andrés (Olaia Sendón), Liste, pronunciado Líster (Margarita Ledo) e Pérez, o ratiño dos teus soños (Fílmax) son a representación galega prevista para hoxe na duodécima edición do Festival de Cine de Ourense. Un encontro que onte debateu a situación do audiovisual na que se concluíu que en Galicia existen bos profesionais pero que teñen graves déficits para atopar financiamento. Ademais, esta tarde terá lugar a mesa redonda sobre ensino e formación audiovisual de xeito paralelo ás proxeccións.
Máis información no web do Festival








