Baixo o nome de market place e punto de encontro, o Festival Internacional de Cine de Ourense pretende fomentar as relacións empresariais para a evolución deste sector no noso país. Estes apartados abríronse onte, e contan coa presenza de stands de Filmax, a Axencia Audiovisual Galega, Tic-Tac, Cinema Estudo e, desde hoxe, Saga Televisión. Tendo en conta que o lema desta edición do festival é Reiventando un festival, hoxe haberá unha mesa redonda na que os profesionais e o público poderán discutir a función dun festival coma este.
Máis información no web do Festival de Cine de Ourense e na nosa hemeroteca








