31/05/2010
A Sala Nasa crea a súa rede de televisión
As “ultranoites” son o nome dun formato de espectáculo creado pola Sala Nasa na que se caracterizou por unha grande improvisación e contacto co público. Precisamente, nun destes encontros celebrados en marzo, os responsables da Nasa aproveitaron para presentar a súa última aposta, “RedeNasa.tv. Xesús Ron, director artístico, asegura que se trata "dunha prolongación da Sala Nasa” que permitirá ver na rede máis de 600 horas de gravacións de espectáculos realizados neste espazo alternativo. Canda estas gravacións, RedeNasa.tv, presenta tamén entrevistas que van desde a algúns dos artistas que participaron na programación, como aos albaneis que axudaron a construír este espectáculo que está a piques de cumprir vinte anos. Nos vídeos hai desde un sketch dos Chévere parodiando aquela sonada campaña publicitaria de Galicia Calidade, o concerto que deu Paquita la del Barrio en 1983 ata a presentación do espectáculo de Marcel.lí Antúnez, performer, actor e artista visual catalán Marcel.lí Antúnez, membro fundador de La Fura dels Baus. A canle estará operativa ao público desde hoxe, luns 31 de maio..
Amplía a nova>>
31/05/2010
O público e o xurado de Curtocircuíto premian a historia dun nacemento
Malia que non é habitual, xurado e o público coincidiron no seu veredicto na sétima edición de Curtocircuíto, o festival de curtametraxes de Santiago. A gran vencedora foi a curta holandesa
Geboren en Getogen (Nado e criado), que conta como Bo prepara unha canción para celebrar o nacemento do fillo que agarda con Elsa. Na sección internacional, destacan
Viiko Ennen Vappua,
Logorama (curta que gañou o Óscar neste 2010) e
The Marina Experiment, que gañaron os premios á mellor ficción, animación, e documental respectivamente. Na sección galega gañou
Unha Segunda Posguerra, mentres que na estatal foi
Mi amigo invisible de Pablo Larcuen..
Amplía a nova>>
31/05/2010
Televisión escríbese con V
V Televisión acaba de abrir as suas portas. Nace, segundo a subdirectora, Fernanda Tabarés, como “unha cadea urbana para xente nova”. Con moita atención ao que acontece na rúa, cunha estrutura de informativos moi semellante á da radio (con boletíns horarios), moita actualidade e un oco destacado para a información metereolóxica. Ademais, V Televisión bota man da produción independente do país para presentar programas sobre moda (
Moda galega), arte (
Xente emerxente), gastronomía (
Ata a cociña), audiovisual (
V minúscula) e música (
Música ambiente), entre outros programas. Máis de medio centenar de profesionais conforman o plantel desta nova cadea cuxas claves nos explica Tabarés. .
Amplía a nova>>
28/05/2010
V Televisión apostará polos informativos e a produción independente
O domingo 30 de maio, ás 21:30 horas arrinca a programación de
V Televisión. A cadea autonómica privada vencellada ao
Grupo Voz inicia a súa andaina cun programa especial de presentación da nova canle. Despois, dous capítulos de
The Wire, serie de culto sobre o tráfico de drogas desde un punto de vista novidoso da HBO que está a colleitar moi boas críticas. Fernanda Tabares, subdirectora da cadea, explica que “pretendemos facer unha televisión urbana para xente nova”. Unha novidosa estrutura informativa (con noticiarios a cada hora e espazos propios metereolóxicos), aposta pola produción independente (programas sobre moda, deseño, música...) e por series de calidade (
The Wire) son algúns dos sinais de identidade desta nova cadea. Sintonízaa!.
Amplía a nova>>
27/05/2010
Cultura esixirá “carácter cultural” ás obras subvencionadas
Ignasi Guardáns, director xeral do Instituto de Cinematografía e Artes Audiovisuais (ICAA) acaba de remitir a diferentes sectores os aspectos para modificar a orde ministerial para adecuala ás directrices europeas. En primeiro lugar, haberá recortes na contía máxima de axuda que pode recibir unha película en España. Así, as axudas a amortización (axudas automáticas en función do recadado) van ser recurtadas en 500.000 euros. Ademais, segundo publica hoxe
El País as películas españolas precisarán ter un “carácter cultural” que lle outorgará unha comisión, da qeu se descoñece a súa composición. .
Amplía a nova>>
26/05/2010
Curtas moi grandes
A gran festa da curtametraxe non se queda unicamente no apartado de exhibición. Curtocircuíto, a cita coa curta ten un ambicioso e sólido traballo que pretende reforzar ese aspecto de negocio deste xénero breve. É o principal lugar de encontro de compradores, distribuidores e directores de curtas en España pero, malia ter consolidada a súa imaxe de marca a nivel internacional, o mercado galego aínda non está moi asentado. Por iso, este ano Curtocircuíto, olla (aínda máis) cara casa..
Amplía a nova>>
25/05/2010
Os límites da tradución
“A rañala raparigo”. A versión galega da mítica frase do filme
Terminator quedou no imaxinario colectivo do noso país. Do mesmo xeito, moitas outras traducións teñen chamado a atención dos consumidores culturais galegos. Repasamos os problemas e os límites desta actividade, e analizamos ata qué punto os prexuízos están presentes na nosa relación coas traducións da nosa lingua..
Amplía a nova>>
24/05/2010
Santiago convértese por uns días na capital da curtametraxe
A sétima edición de Curtocircuito chega co ritmo cambiado. Afeitos a estar no mes de outono, a organización (o concello de Santiago) decidiu adiantar a súa sección oficial cinco meses e onte deu comezo este festival. O Salón Teatro, o Teatro Principal e a Aula de Cultura de Caixa Galicia son as sedes deste encontro que proxectará un centenar de traballos chegados de diferentes partes do mundo. O encontro mantén as súas proxeccións na rúa (que terán lugar en agosto), o concurso de guións, o mercado internacional e os programas paralelos. .
Amplía a nova>>
24/05/2010
Rodilla e A nena que tiña unha soa orella gañan no festival de cine de Cans
O agroglamour pechou as súas portas a ritmo de música e, ademais, coa entrega de premios. O xurado recoñeceu como mellor curtametraxes
Rodilla, na categoría de ficción, e
A nena que tiña unha soa orella no apartado de animación. Os premios para os actores, sen dotación económica, foron para Fernando Cayo e Javier Gutiérrez (ex aequo) e para Nancy Valcárcel. Neste aspecto o xurado constatou “a grave carencia de papeis relevantes para as mulleres nas curtametraxes recibidas, o que evidencia unha fonda desigualdade na representación cinematográfica”. Pola súa banda, os veciños estrearon o seu particular xurado e premiaron a
Padre modelo de Alejandro Marzoa..
Amplía a nova>>
24/05/2010
O capitán, Oliver
A nova correu de boca en boca e as redes sociais comezaron a rebulir esta fin de semana. O galego Oliver Laxe acababa de gañar o premio FIPRESCI, concedido pola Federación Internacional de Críticos de Cine no Festival de Cannes, onde participaba na sección paralela Quincena de Realizadores coa súa película
Todos vós sodes capitáns. Un poético filme en branco e negro que conta un proxecto colaborativo que Laxe rodou en Tánxer, cidade na que vive actualmente. Oliver acudiu a recoller o seu premio acompañado de parte do seu equipo: o seu irmán Felipe e o amigo e coprodutor Martin Pawley. O premio que recibe este filme, apoiado desde a Axencia Audiovisual Galega, marca un fito na historia do audiovisual galego..
Amplía a nova>>