18/05/2010
Un camiño de cans
¿Para ir? Un John Deere. ¿Para comer? Raxo. ¿Para vestir? Algo de Pacita Moda e ¿para beber? Licor café. Estas son algunhas das indicacións que dá a organización para acudir á setima edición do festival de cine de Cans. Unha peculiar cita co audiovisual que mañá abre as súas portas nesta localidade pontevedresa..
Amplía a nova>>
07/05/2010
As mulleres do audiovisual acordan en Santiago crear unha Rede Europea de Intercambio
Chegaron a Santiago cun informe debaixo o brazo que evidenciaba a súa escasa presenza no sector. Agora, as mulleres que conforman o tecido do sector audiovisual (desde postos creativos ata técnicos) marchan con propostas concretas que se reúnen no que chamaron “Carta de Compostela” para mellorar eses indicadores. Inés Paris, presidenta de CIMA, entidade promotora do encontro, apunta que “este non é máis que o comezo e por iso propoñemos crear unha Rede Europea de Mulleres do Audiovisual” . .
Amplía a nova>>
07/05/2010
Agadic convoca as axudas a producións e coproducións audiovisuais
O DOG de hoxe publica a última das convocatorias para a promoción do sector audiovisual. Trátase da liña de axudas destinadas a fomentar a produción e coprodución de longametraxes (óperas prima, ficcións, animación e documental e películas para televisión) e ten un importe de 4.980.000 euros, que se move nas mesmas cifras que na anterior convocatoria. .
Amplía a nova>>
06/05/2010
O festival de Cans reforza o seu aspecto musical
As protagonistas son as curtametraxes pero os organizadores do Festival de Cans prepararon máis que nunca o universo cultural, musical e social que rodea a este encontro. Coque Malla e Di Ellas (o grupo de Luis Tosar que presenta novo disco) son o principal reclamo dun programa musical que este ano estrea Rock’nRoad e Jaliñeiro Unplugged (un galiñeiro para concertos de pequeno formato). No apartado competitivo, do máis dun centenar de traballos recibidos, competirán doce curtas de ficción, sete de animación e catorce videoclips que optarán polos premios que non incrementan a súa contía. Canda este, e sen dotación económica, os veciños conformarán un xurado que entregará o “Premio dos veciños”. Do 19 ao 22 de maio “non haberá tregua” apuntou Alfonso Pato, director deste particular certame..
Amplía a nova>>
05/05/2010
A Filmoteca Española rescata a Juan Pinzás para amosar o dogma español
Foi o único representante do movimento Dogma en España, por iso, a Filmoteca Española exhibirá dúas longametraxes de Juan Pinzás nun miniciclo que programa sobre este xénero. Os días 25 e 27 de maio, no marco do proxecto Doré, o Pinzás presentará
O xogo das menaxes invisibles (1991) e
O desenlace (2005). As dúas películas foron producireda por Pilar Sueiro e contarcon co apoio do ICAA, do Ministerio de Cutura e da Consellaría de Cultura. .
Amplía a nova>>
05/05/2010
A antiga cadea da Coruña albergará unha mostra de cine en Súper 8
Naceu para o mercado doméstico, para que os afeccionados captasen as súas celebracións familiares pero pronto quedou en desuso ata que caeu na man de cineastas e videoartistas que buscaban unha estética diferente ao vídeo. Agora todos eles teñen unha cita na Coruña. Será na Mostra de Cinema Periférico que se desenvolve do 3 ao 6 de xuño nun contorno moi especial, a antiga cadea que se estrea como recinto cultural e se acondicionará como sala de proxección e albergar distintas performances. Ciclos de películas, retrospectivas, mesas redondas e debates ao redor de distintas temáticas relacionas co cine performativo, expanded cinema, cine-ensaio ou cine documental conforman a programación desta atípica mostra. Luis Tosar e Oliver Laxe teñen confirmada a súa presenza a este contro que conta co apoio da Xunta, a Deputación, o CGAI, o ICAA e a Fundación Caixa Galicia..
Amplía a nova>>
04/05/2010
As mulleres do audiovisual reúnense en Santiago para mellorar a súa presenza no sector
Só o 7% dos directores de cine que hai en España son mulleres, dos guionistas só o 15% e das produtoras só o 20%. Estas son as cifras que motivaron que CIMA, a asociación que reúne a todas as profesionais do sector (agora tamén actrices), organizase un congreso para coñecer se a situación é igual en toda Europa e que se pode facer para mellorala. O caso da televisión, as políticas públicas de igualdade nesta materia, o eido cinematográfico, os novos medios e formatos son algunhas das sete áreas temáticas nas que se agrupa este encontro que arrinca mañá. Dous días abertos ao público cuxos resultados se plasmarán na
Carta de Compostela, que conterá as peticións e demandas concretas das mulleres do sector..
Amplía a nova>>
04/05/2010
Dous traballos galegos compiten na sección oficial de Documenta Madrid
Hai unha semanas apuntamos a presenza de
American Greyhound na competición oficial de Documenta Madrid. A ese traballo hai que lle sumar outra participación galega, trátase da última película de Lois Patiño (Vigo, 1983)
Recordando os Rostros da Morte, no marco da sección de non-ficción, deste certame que se desenvolve en Madrid do 7 ao 16 de maio. O documental achégase, en clave poética, ao instante dramático no que se produce a morte. Non será o único traballo do vigués que se poderá ver en Madrid estes días, xa que no marco do concurso
EN PEZAS de Caja Madrid se proxectará a peza de videoarte
Paisaje-Duración. Trigal..
Amplía a nova>>
30/04/2010
Un documental recupera a historia do nacionalismo galego
Do Rexionalismo do século XIX ata o pasado recente.
Memoria do nacionalismo galego é un documental que percorre os 170 anos da historia política, social e cultural de Galicia a través dos testemuños de vinte e sete historiadores, teóricos, sindicalistas, políticos e intelectuais. Un percorrido polas ideas e as organización políticas que creaon o nacionalismo galego que se sintetizan en hora e media e foi dirixido por Xabier Macías, Comba Campoy e Xosé Zapata. A estrea deste traballo, promovido pola Fundación Galiza Sempre no marco do seu décimo aniversario terá lugar hoxe venres ás 20:30 horas no Teatro Principal (Rúa Nova, 21). .
Amplía a nova>>
30/04/2010
As academias de cine galega e catalá intercambian as proxeccións dos seus premios audiovisuais
As curtametraxes finalistas aos Mestre Mateo deste ano exhibíronse en Barcelona grazas a un convenio entre a entidade que concede eses premios, a Academia Galega do Audiovisual (AGA) e a súa homóloga catalá, Acadèmia del Cinema Catàla. Agora, esa iniciativa volve repetirse con esa mesma dobre dirección: o CGAI proxectará (do 3 ao 10 de maio) os traballos finalistas aos premios do cinema catalán, os Gaudí; e a sede da SGAE en Barcelona ofrecerá as producións galegas. Desta forma, a AGA continúa co seu cometido de promoción e exportación exterior dos traballos producidos en Galicia..
Amplía a nova>>