Un documental recupera a historia do nacionalismo galego

Xabier Macías, Comba Campoy e Xosé Zapata dirixen este proxecto

Do Rexionalismo do século XIX ata o pasado recente. Memoria do nacionalismo galego é un documental que percorre os 170 anos da historia política, social e cultural de Galicia a través dos testemuños de vinte e sete historiadores, teóricos, sindicalistas, políticos e intelectuais. Un percorrido polas ideas e as organización políticas que creaon o nacionalismo galego que se sintetizan en hora e media e foi dirixido por Xabier Macías, Comba Campoy e Xosé Zapata. A estrea deste traballo, promovido pola Fundación Galiza Sempre no marco do seu décimo aniversario terá lugar hoxe venres ás 20:30 horas no Teatro Principal (Rúa Nova, 21).