A Deputación de Pontevedra, a través do departamento de Memoria Histórica, vai celebrar este sábado 23 de abril o 106 aniversario e render homenaxe a Xosé Velo. No acto estrearase o documental dirixido por Aser Álvarez para Arraianos Producións, 'Xosé Velo. O libertador ibérico' sobre a súa figura e tamén o libro Xosé Velo. Textos escollidos. Este volume baséase en documentos en diferentes formatos que a deputación de Pontevedra foi adquirindo produto da actividade política e cultural de Velo, que inclúen poemas, textos, artigos e outros materiais recuperados e adquiridos pola institución provincial. O salón de Plenos da Deputación de Pontevedra acollerá esta homenaxe e as presentacións, comezando ás 11.30 horas.
Xosé Velo (Celanova, 1916 -São Paulo, 1972) é unha figura esencial do activismo político de resistencia á ditadura, foi secretario xeral do Consello Nacional da Federación de Mocidades Galeguistas en 1936. Foi detido en Vigo, despois da guerra, e acusado de realizar actividades antifranquistas. Fuxiu a Portugal e trasladouse a Venezuela onde presidiu a Lareira Gallega. En 1959 fundou o DRILL (Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación) con exiliados españois e portugueses. Foi o encargado de dirixir no ano 1961 o secuestro do transatlántico Santa María, unha acción coa que quixo denunciar as ditaduras de España e de Portugal. Falecía en Sao Paulo en 1972, país en que foi acollido como exiliado político.