A Fundación Premios da Crítica remuda a directiva para garantir a continuidade

María do Cebreiro, Blanca Roig, María López Sández, Charo Portela, Inma López Silva e Comba Campoy son as novas incorporacións

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A crise da Fundación Premios da Crítica, que comprometía a continuidade dos galardóns que lle dan nome, semella ter pasado. A entidada presentaba onte o seu novo padroado, co que pretende rexuvenecerse e feminizarse. Deste xeito, intégranse na formación María do Cebreiro, Blanca Roig, María López Sández, Charo Portela, Inma López Silva e Comba Campoy, co que seis dos dezaseis compoñentes pasan a ser mulleres. Como primeiro proxecto, a Fundación pretende entragar o vindeiro 20 de outubro os premios en Vigo, a súa ubicación tradicional, aínda que os responsables recoñecen que teñen pendente definir as categorías que se recoñecerán nesta xeira.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Tres poemas de Rosalía

Tres poemas de Rosalía

María do Cebreiro e María López Sández explican poemas de Cantares Gallegos

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Premios da Crítica, María López Sández, María do Cebreiro, Inma López Silva...