V Televisión acaba de abrir as suas portas. Nace, segundo a subdirectora, Fernanda Tabarés, como “unha cadea urbana para xente nova”. Con moita atención ao que acontece na rúa, cunha estrutura de informativos moi semellante á da radio (con boletÃns horarios), moita actualidade e un oco destacado para a información metereolóxica. Ademais, V Televisión bota man da produción independente do paÃs para presentar programas sobre moda (Moda galega), arte (Xente emerxente), gastronomÃa (Ata a cociña), audiovisual (V minúscula) e música (Música ambiente), entre outros programas. Máis de medio centenar de profesionais conforman o plantel desta nova cadea cuxas claves nos explica Tabarés.