Novas | 2461 a 2470 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

16/06/2010
Increméntase a participación no festival de cine Euroárabe

É o festival de cine Euroárabe por excelencia de Galicia e suma adeptos cada ano. A Fundación Araguaney acaba de informar que pechou o prazo de inscrición da oitava edición cun incremento do 40% no número de filmes inscritos. En total recibíronse películas de 51 países de todo o mundo, con especial atención aos países árabes, aos que lle seguen Francia, España e Reino Unido. Como novidades en canto a xénero, recibíronse tantas películas de ficción como documentais e, en canto a formato, incremoutose o número de curtametraxes recibidas. Tal e como figura na nota de prensa remitida pola entidade, “as obras seleccionadas para a VIII edición de Amal serán proxectadas nas sedes do Festival”, mentres que e as curtametraxes poderán verse a través da web.. Amplía a nova>>

10/06/2010
Xavier Bermúdez recupera a historia do Batallón Galicia nun documental

O Batallón Galicia, dirixido polo comandante Moreno, desapareceu misteriosamente na zona da Fonsagrada cando viñan de loitar contra os franquistas. Unha historia que glosa un romance anónimo e que sirve como pretexto a Xavier Bermúdez para contar a súa historia no documental Memorias rotas (Xamalú Films, 2009). O traballo (66 minutos de duración) proxéctase hoxe no Teatro Principal de Santiago ás 20:30 horas (entrada de balde).. Amplía a nova>>

09/06/2010
Un documental analiza a situación dos pequenos grupos de música

Roger de Flor é un creador bohemio, autodidacta e independente afincado en Ferrolterra. A súa situación sírvelle a outro ferrolán, Carlos Alberto Alonso, para retratar o estado actual de artistas en locais de pequeño aforo en Galicia. O resultado é o documental Roger de flor: Naturalidade Silvestre que se presenta o xoves no Teatro Principal de Santiago (20:30horas). Alonso toma como pretexto a xira do último disco do cantante Naturalidade Silvestre que ademais dá titulo ao traballo. Por iso, despois da presentación do documental, o cantante e o grupo Os silvestres ofrecerán un concerto na Sala Ultramarinos.. Amplía a nova>>

08/06/2010
Escolares de trece localidades subiranse á Caixa dos Mistos

É unha caravana ambulante que leva consigo unha sala de cine itinerante cun catálogo de películas para público infantil. A Caixiña dos Mistos é un proxecto que desenvolve Mr Misto e que este ano conta co apoio do Xacobeo para levar a súa iniciativa lúdica e cultural a 13 localidades do Camiño Francés. Os asistentes (ten capacidade para 15 persoas) elixen “á carta” as películas proxectadas e votarán os títulos que máis lle gustaron co fin de establecer un ránking. Ademais, de xeito paralelo ás proxeccións, desenvólvese unha serie de actividades como pasatempos, recortables ou obradoiros de stop-motion con plastilina. . Amplía a nova>>

04/06/2010
O circuíto de salas alternativo da Xunta estará listo en 2011

Hai tempo que a Xunta madura a idea de buscar un circuíto de exhibición para filmes galegos e producións que teñen dificultades para ahcegar ás pantallas de cines convencionais. O secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, avanzou onte no Parlamento que será para o 2011 e que estará homologado polo Ministerio de Cultura. Segundo explicou, en resposta a unha pregutna de Bieito Lobeira (BNG), o Consorcio Audiovisual traballa nun convenio co Ministerio de Cultura que afecte tanto ás salas públicas como as privadas. Cabaleiro aproveitou para lembrar que, a día de hoxe, o CGAI conta cunha sala permanente para exhibir producións galegas.. Amplía a nova>>

03/06/2010
Mundos Dixitais analiza os efectos especiais de Avatar e Iron Man II

A gran cita dos efectos dixitais trae este ano a dous especialistas sobresaíntes: dunha banda, ao xefe de tecnoloxía da empresa Weta Digital que fixo os efectos especiais de Avatar e, da outra, ao director técnico de Iron Man II, Pablo Giménez. Son dous dos reclamos de Mundos Dixitais, o programa que se desenvolverá do 7 ao 10 de xullo na Fundación Caixa Galicia.. Amplía a nova>>

03/06/2010
Dezaseis cines galegos únense á Festa do cine

A segunda edición da Festa do cine pretende conseguir un millón de espectadores nos días 7, 8 e 9 de xuño. A iniciativa organizada pola Federación de Produtores (FAPAE), a de distribuidores (FEDICINE), e a de exhibición (FECE) consiste en que, por cada entrada comprada nos días 4, 5 e 6 de xuño, regalan unha acreditación que permitirá ver outar película entre o 7 e o 9 ao módico prezo de dous euros. En Galicia hai dezaseis cines que se unen a esta promoción que este ano, como novidade, inclúe tamén un código para ver unha das películas do catálogo de Filmotech.com.. Amplía a nova>>

02/06/2010
Unha frase de Terminator convértese na máis célebre na historia da dobraxe da TVG

Con 92 votos o “a rañala rapariga” de Arnold Schwarzenegger en Terminator convértese na frase máis célebre da historia da dobraxe da TVG. Ou alomenos así o recoñecen os usuarios de Twitter no concurso que a cadea pública convocou por esta plataforma co gallo das súas vodas de prata. Por detrás quedaron “Este batido está caralludo” (Pulp Fiction) con 91 votos, mentres que “Para vences a Austin Powers témsolle que roubar o seu... mollo” (en Austin Powers) recibíu 90 votos. . Amplía a nova>>

02/06/2010
O Sónar exhibirá na Coruña filmes relacionados coa música avanzada

É o gran festival da música avanzada e da arte multimedia. Coincindo co Xacobeo, o Sónar contará cunha edición na Coruña que se desenvolverá do 17 ao 19 de xuño. Alén do apartado de concertos e de arte multimedia, haberá unha seccion dedicada a exhibir producións audiovisuais moi relacionadas coa música (Sónarmúsica Galicia). De entre delas destaca Finisterrae, filme protagonizado por dúas pantasmas que viaxan de Barcelona cara Finisterre seguindo o Camiño de Santiago co obxectivo converterse en efémeros como o resto dos mortais. Esta produción, dirixida por Sergio Caballero, dalle imaxe ao Sónar 2010.. Amplía a nova>>

01/06/2010
Comer de película

Que Carrie Bradshow (protagonista de Sexo en Nova York) beba asiduamente Cosmopolitan supuxo un incremento das vendas deste tipo de cocktail. Sexa por curiosidade, por imitación ou por simple anécdota, moitas das comidas que se exhiben nas producións audiovisuais espertan moitas curiosidades. Desde hai dous anos, a escola de hostalería de Lugo organiza menús de cine que este ano, ademais, se complementan cunhas xornadas sobre a relación entre estas dúas artes.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org