O Sónar exhibirá na Coruña filmes relacionados coa música avanzada

Proxectarase Finisterrae que conta a peregrinación de dúas pantasmas na busca da mortalidade

É o gran festival da música avanzada e da arte multimedia. Coincindo co Xacobeo, o Sónar contará cunha edición na Coruña que se desenvolverá do 17 ao 19 de xuño. Alén do apartado de concertos e de arte multimedia, haberá unha seccion dedicada a exhibir producións audiovisuais moi relacionadas coa música (Sónarmúsica Galicia). De entre delas destaca Finisterrae, filme protagonizado por dúas pantasmas que viaxan de Barcelona cara Finisterre seguindo o Camiño de Santiago co obxectivo converterse en efémeros como o resto dos mortais. Esta produción, dirixida por Sergio Caballero, dalle imaxe ao Sónar 2010.

Ligazóns