Roger de Flor é un creador bohemio, autodidacta e independente afincado en Ferrolterra. A súa situación sÃrvelle a outro ferrolán, Carlos Alberto Alonso, para retratar o estado actual de artistas en locais de pequeño aforo en Galicia. O resultado é o documental Roger de flor: Naturalidade Silvestre que se presenta o xoves no Teatro Principal de Santiago (20:30horas). Alonso toma como pretexto a xira do último disco do cantante Naturalidade Silvestre que ademais dá titulo ao traballo. Por iso, despois da presentación do documental, o cantante e o grupo Os silvestres ofrecerán un concerto na Sala Ultramarinos.