Novas | 2451 a 2460 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

29/06/2010
Unha xuntanza contará os pormenores da nova Lei Xeral Audiovisual aos profesionais

É a lei máis importante do sector nas últimas décadas. A Lei Xeral Audiovisual, en vigor desde o mes de maio, marca un novo escenario para os contidos audiovisuais. Por iso, a Asociación de Empresas Galegas do Audiovisual organizan unha xornada hoxe para dar a coñecer o alcance e efectos do novo texto xurídico. A cita contará coa presenza de profesionais, expertos do sector e directivos de televisións públicas e privadas e representantes de produtoras audiovisuais.. Amplía a nova>>

29/06/2010
Fina aos 64 anos o actor ourensá Abelardo Pérez

A súa paixón era o teatro pero foi a televisión o medio no que desenvolveu a maior parte da súa carreira profesional. Abelardo Pérez participou nas teleseries Nada es para siempre (Antena 3), Al salir de clase (Telecinco) e Libro de familia (TVG), que lle valeron parte da súa popularidade. Despois dunha longa enfermidade, Abelardo Pérez finou onte no seu ourense natal, onde terá lugar hoxe o funeral (igrexa parroquial de María Auxiliadora-Salesianos, ás 18:45 horas). Pérez estivo moi vencellado á actividade cultural de Ourense, onde participou activamente na celebración do Festival de Cine e en ciclos para achegar o audiovisual á cidade.. Amplía a nova>>

24/06/2010
A Revista do Audiovisual Galego estrea versión dixital

Información, reportaxe, entrevistas, convocatorias e axenda do audiovisual agora tamén diariamente na rede. Cando se cumpren tres anos da edición impresa da Revista do Audiovisual Galego a publicación estrea version dixital. A revista está editada por Bolanda Ediciones. Ademais da seccións xa editadas, conta coa sección de Carteis de cine na que se ofrece unha ampla selección de pósteres de películas galegas con posibilidade de descarga.. Amplía a nova>>

24/06/2010
Fílmax celebra o décimo aniversario de Bren, o seu estudio de animación en Santiago

Este venres Fílmax celebra o décimo aniversario do seu estudo de animación de Santiago, Bren Entertainment. Faino presentando a súa última película, Copito de nieve, unha longametraxe sobre o único gorila blanco do mundo que integra animación (que se fará en Santiago) e imaxe real (rodado en Barcelona). O filme ten un orzamento de 6,5 millóns de euros e ten prevista a súa estrea para 2011. Con esta produción, van xa oito os filmes (máis unha serie de animación) que se elaboraron na factoría galega. . Amplía a nova>>

24/06/2010
O Festival de Seattle premia a interpreación de Luis Tosar en Cela 211

Luis Tosar suma un novo premio pola súa interpretación de presidiario en Cela 211. Esta vez chégalle do Festival Internacional de Cine de Seattle que este ano contaba con 408 títulos na súa sección oficial. O encontro é unha das citas de referencia do cinema independente de Estados Unidos.. Amplía a nova>>

23/06/2010
Alfonso Zarauza e Sonia Méndez presentan os seus últimos traballos audiovisuais

O Teatro Principal de Santiago acolle esta semana unha nova xornada de proxeccións audiovisuais. O xoves 24 (as 21:00 horas) terá lugar a estrea da última curtametraxe de Sonia Méndez, Leo e Mario (se deixan) protagonizado por Alberto Rolán e Xiana Carracelas. Canda esta curtametraxe, Alfonso Zarauza e Jaione Camborda prsentarán o último videoclip de Doctor Gringo Dark Obsession e Xan Solo e Gael Gerrera o de Nunca serei. Á mesma hora, o Cineclube Compostela acollerá a presentación dos últimos proxectos de Ramiro Ledo: o libro Non conciliados. Argumentos para a resistencia cultural, e a curtametraxe O proceso de Artaud nos que reflexiona sobre a lei e a xustiza a partir da película de A paixón de Xoana de Arco de C.T. Dreyer. . Amplía a nova>>

22/06/2010
Cine me fecit

A exposición Os mundos de Gonzalo Torrente Ballester (Fundación Caixa Galicia de Santiago, ata o 22 de xullo) permite ver a fonda pegada que o mundo das imaxes deixou no escritor ferrolá. Desde o concello natal ata a Sociedade Estatal de Conmemoracións Culturais, pasando polo CGAI, celebráronse múltiples actividades para festexar o nacemento do escritor e, entre todas elas, aparece de xeito esvaído a cinematográfica. Aproveitando que se acaba de presentar o primeiro documental sobre a súa figura, revisamos as súas relacións co audiovisual. . Amplía a nova>>

22/06/2010
Vigo crea a súa oficina para promoción de rodaxes

Lena, Os luns ao sol, Ilegal son algunhas películas rodadas en Vigo. Pero o concello pretende que sexan moitas máis e que se amplíe tamén a curtametraxes, anuncios ou series televisivas. Por iso, acaba de poñer en marcha a Vigo Film Office. Integrada dentro das actividades do “Vigo Convention Bureau” pretende facilitar as produtoras os seu traballo audiovisual tanto a nivel galego como internacional.. Amplía a nova>>

21/06/2010
Jorge Coira gaña o galardón a mellor director no festival de Taormina

“Unha visión cinematográfica de hoxe e non caen na abstracción fácil. Mantendo un ton dramático, arrisca en explican con profundidade a realidae de hoxe”. Estas son algunhas das valoracións do xurado do Festival de Cine de Taormina onde o director lucense foi galardoado pola súa última película, 18 comidas. O filme, que foi presentado na sección oficial, conta a histoira cruzada de personaxes interpetados polo lucense Luis Tosar, María Vázquez, Camila Bossa ou Xosé Manuel Olveira “Pico”. . Amplía a nova>>

16/06/2010
O CGAC e a Bienal de Pontevedra homenaxean a Chano Piñeiro

“Non é posible comprender a complexidade das artes plásticas sen a presenza e a participación do cine, como un vector principal de referencia e tamén de experimentación”. Así comeza o folleto co que a 31 edición da Bienal de Pontevedra (baixo o título Utrópicos) e o CGAC renden unha homenaxe a Chano Piñeiro. Unha homenaxe que se debe a que a Bienal aborda a creación centroamericana e as conexións con Galicia e nas que a traxectoria de Chano se converten nun referente. Aproveitando que se cumpren 25 anos da rodaxe de Mamasunción, o CGAC e a Bienal programan (xoves 17 e venres 18) unha mesa redonda e a proxección do filme. . Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org