27/07/2010
O director galego Rodrigo Cortés estrea o seu último filme en 4.000 salas
O vindeiro 24 de setembro, 2.000 cinemas estadounidenses estrerán
Buried, un filme dirixido polo galego Rodrigo Cortés. A estas seguiranlles outras 2.000 salas no resto do mundo, un despregue inédito para un filme que conseguiu xa un grande éxito no último festival de cinema independente de Sundance. O filme, protagonizado por Ryan Reynolds narra a historia dun refén que se atopa fechado nun féretro e só se pode comunicar co exterior cun móbil. .
Amplía a nova>>
20/07/2010
Ábrese o prazo para o certame Xuventude Crea 2010
O Diario Oficial de Galicia publicaba o pasado día 15 a convocatoria do Certame Xuventude Crea 2010. O concurso establece primeiros premios de 3.000 euros, segundos de 1.500 e terceiros de 1.000 nas categorías de teatro, artes plásticas, moda, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis, deseño de xoias e monólogos. En banda deseñada poden presentarse historias dun mínimo de dez páxinas a cor ou a branco e negro e con textos en galego. O prazo remata o vindeiro 31 de agosto..
Amplía a nova>>
16/07/2010
O ICAA fai públicos os requisitos para que unha película obteña o certificado cultural
Que o 75% do equipo sexa español ou comunitario e que cumpla, polo menos, dous dunha serie de requisitos (versión orixinal nas linguas oficiais; ambientada en España; que o guión sexa unha adaptación dunha obra literaria preexistente, ou que esté relacionada coas expresións da creación artística; biografías, ou temáticas da realidade cultural española…). Estes son os criterios que acaba de establecer o Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA) para obter o
certificado cultural. Un recoñecemento necesario para acceder ás axudas á amortización de longametraxes, é dicir, as axudas automáticas..
Amplía a nova>>
12/07/2010
Mundos Dixitais falla os seus premios de animación
Esta fin de semana falláronse os premios do IX Festival Internacional de Animación Mundos Digitales na Coruña. A mellor curtametraxe de animación internacional foi para a alemana
The little boy and the beast, do director Johannes Weiland. A mellor curtametraxe de animación española foi para
Alma, de Rodrigo Blaas e o premio especial do xurado foi para a francesa
Get Out, dos directores Boisson, Fourvel, Han-Kwan, Roche e Reinarz. O xurado estivo composto por Robin King, de Imagina Corporation, Antonio Durera, de Milímetros Dibujos Animados, Daniel Martínez, de PepeLand, e Antonio sanjuán, da Universidade da Coruña..
Amplía a nova>>
09/07/2010
Os profesionais piden no Parlamento que se aprobe este ano a reforma da Lei da TVG
Xosé Manuel Olveira,
Pico, acudiu onte ao Parlamento de Galicia no marco da ponencia constituída para reformar a Lei da CRTVG. En representación da Academia Galega do Audiovisual, e da Coordinadora de Asociacións Profesionais do Audiovisual Galego reinvidicou a reforma dese texto xurídico para este 2010. “Sería o mellor agasallo á CRTVG no seu 25 aniversario”, asegurou. Entre as demandas presentadas destaca a necesidade de mudar o sistema do director xeral (maioría de dous terzos na cámara, que non coincida cos períodos electorais e non superen as dúas lexislaturas); garantir por lei tanto o cumprimento de investir en producións audiovisuais independentes o 6% dos seus ingresos como que o galego sexa a lingua oficial; un equipo avaliador no deartamento de proectos e unha áre de comercialización é mercadotecnia. No caso da Radio Galega avogaron por defender unha canle de música clásica e outra de informativos..
Amplía a nova>>
07/07/2010
Mundos digitales reflexiona sobre os mercados dos contidos 3D
A sede da Fundación Caixa Galicia na Coruña acolle desde hoxe a nova edición do certame
Mundos Digitales, que xa é un clásico do verán. Desta volta, os asistentes poderán coñecer en detalle os procesos de realización de filmes como
Avatar,
Iron Man ou O Apóstolo. Pero a nova edición de
Mundos Digitales dedica este ano unha atención especial aos mercados e á comercialización do 3D. .
Amplía a nova>>
06/07/2010
O filme Os Crebinsky estréase cunha xira por Galicia
Música e cinema danse a man no espectáculo 'Universo Crebinsky'. Co patrocinio do Xacobeo, a produtora organizou un espectáculo no que a Banda Crebinsky, autora da banda sonora do filme, precede cun pasarrúas á proxección do filme completo dirixido por Enrique Otero. A banda tamén ofrece un concerto baseado na música do Leste de Europa ao rematar a proxección da película. O espectáculo permitirá o visionado da película antes da entrada prevista da película na distribución salas de cine, que segundo a organización será en outono, despois de abrir a XV edición do Festival Internacional de Cine de Ourense. A estrea do espectáculo será este xoves 8 de xullo no Festival de Ortigueira. Ata o momento, está confirmada a presenza tamén en Pontevedra, A Coruña e Lugo canda Ortigueira e Ourense. .
Amplía a nova>>
06/07/2010
Os efectos 3D
O cine tradicional agoniza lentamente. Desde hai medio lustro as estatísticas do Ministerio de Cultura que cuantifican a asistencia a salas daba un pequeno disgusto cada ano. Así ata agora no que, por primeira vez en anos, cambiou a tendencia. A innovación tecnolóxica chegou ás salas (o 3D abandeirou esa revolución) e o público respondeu coa súa presenza. ¿Un espellismo?.
Amplía a nova>>
01/07/2010
Mundos Dixitais estrea programa formativo sen esquecer os apartados de exhibición
A novena edición do Festival Mundos Dixitais continúa fiel ás súas liñas de identidade: arquitectura dixital; festival de curtas de animación; sesións de conferencias e masterclass xunto co apartado de reclutamento. Pero este ano, tendo en conta que nas anteriores edicións houbo empresas que contrataron a profesionais que asistiron a este certame, a organización optou por potenciar o aspecto formativo. Ademais, do 7 ao 10 de xullo estarán pola Coruña os responsables creativos de producións como
Avatar,
Iron Man ou
O Apóstolo..
Amplía a nova>>
01/07/2010
A película de Os Crebinsky estréase no marco do Festival de Ortigueira
Baixo o nome de
Universo Crebinsky o Festival de Ortigueira acolle o vindeiro xoves a estrea da película protagonizada por Miguel de Lira e Sergio Zearreta. O filme
Os Crebinsky, baseada nunha curtametraxe anterior, conta a historia de dous irmáns que peregrinan na busca da súa vaca Muchka. Ademais da proxección (que se repetirá venres e domingo) tamén estará a banda Crebinsky, formación musical con Vazdín Yuhknevich á fronte, que completará a proxección..
Amplía a nova>>