26/08/2010
Agadic reparte entre 43 proxectos audiovisuais preto de cinco millóns de euros
Documentais sobre Xelmírez, Os Tamara, María Soliña ou Javier Ozores; películas para teleivisión sobre Concepción Arenal e longametraxes cinematográficas que contan desde a historia dunba banda de bonecos de trapo (
A tropa de Trapo na salva do arco da vella recibe a achega máis alta con 370.301,81 euros) ata un relato de Félix Rodríguez de la Fuente (Ángel de la Cruz dirixirá este proxecto con Perro Verde Films como produtora). Estas son as historias nas que traballan as produtoras galegas e que hoxe recibiron unha achega para a súa produción ou coprodución por parte de Agadic. Son preto de cinco millons de euros que financian (repartidos en catro anualidades) 13 longametraxes, 23 documentais e 7 películas para teleivisión. .
Amplía a nova>>
25/08/2010
Antón Reixa pide para o audiovisual as mesmas axudas que para o automóbil
No marco dun curso da Universidade Internacional Menéndez Pelayo, Antón Reixa pediá que o gobero estatal protexa a produción audiovisual “como se protexe aos concesionarios de coches”. Facéndose valer dos indicadores e cifras que apuntan á cultura como unha fonte importante do PIB, por diante doutros sectores produtivos, Reixa pedíu maiores “esforzos públicos”. O presidente de Filmanova e do Clúster do Audiovisual Galego lembrou os recortes nas axudas ás producións audivisuais e nos orzamentos das televisións públicas, que incidirán na produción e no emprego..
Amplía a nova>>
24/08/2010
Ángel de la Cruz rodará unha película baseada nun relato de Rodríguez de la Fuente
Inmerso na produción de
Traíñas, que se rodará parcialmente na Ribeira Sacra, Ángel de la Cruz xa ten en marcha o seu próximo proxecto. Trátase dunha película de ficción (título inicial
Conto de lobos) inspirada nun relato radiofónico de Félix Rodríguez de la Fuente. Estará producida por Perro Verde Films, será en 3D esteroscópico e terá un orzamento superior aos cinco millóns de euros. Entre as súas previsións, como explica hoxe en
El Progreso, está rodara na entre a primavera de 2011 e de 2012..
Amplía a nova>>
13/08/2010
O filme O apóstolo participará no American Film Market
O American Film Market, un encontro que reúne 8.000 profesionais da industria cinematográfica estadounidense en Santa Mónica contará este ano con presenza galega. O filme de animación
O apóstolo participará no evento da man da distribuidora Shoreline Entertainment. Ademais, a película proxectarase na sección oficial do Festival de Cine de Sitges o vindeiro mes de outubro e mais na Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, segundo adiante hoxe
El Progreso..
Amplía a nova>>
12/08/2010
AGADIC falla as axudas para desenvolvemento de proxectos e de contidos interactivos
Un total de 31 produtoras galegas vanse beneficiar dos 800.000 euros en axudas que publicou onte a Axencia Galega das Industrias Culturais. Do total, 450.000 euros apoiarán o desenvolvemento de 20 proxectos audiovisuais en lingua galega, mentres outros 350.000 están destinados a 16 proxectos de contidos dixitais e interactivos para Internet, videoxogos e outros dispositivos. No campo dos audiovisuais, as longametraxes de ficción concentraron 187.000 euros de axudas para sete proxectos, outros 184.000 apoiarán 6 documentais e 109.000 servirán para facer filmes para televisións.
Amplía a nova>>
10/08/2010
AGADIC falla ás súas axudas a novos creadores, clips e curtametraxes
Trinta e tres novos valores do noso audiovisual beneficiaranse de parte dos 300.000 euros das axudas que hoxe fai públicas a Axencia Galega de Industrias Culturais. Canda a eles, proxectos para 17 curtametraxes e videoclips repartiranse outros 180.000 euros de axudas. A Axencia mantén aberto ata o 15 de setembro o prazo para se presentar ás axudas para a amortización dos custos de produción de longametraxes cinematográficas, telefilmes e documentais..
Amplía a nova>>
04/08/2010
O Festival de cine de Ourense triplica o número de inscricións
Nada menos que 1.891 películas, fronte ás 600 do pasado ano, están inscritas para participar no vindeiro Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF). De entre todas as producións, o comité de selección escollerá 150 para as diferentes seccións, competitivas e de exhibición, do evento. Segundo explicou o xerente do festival, Enrique Nicanor, boa parte das producións recibidas se centran nas relacións interxeracionais. Pola súa banda, a organización do Festival Euroárabe Amal deu a coñecer que proxectarán un total de 45 filmes de diferentes temáticas. Os responsables destacaron asimesmo a alta participación no evento. Finalmente, o vindeiro venres remata en Sada o III Festival de Cine Centrifugado e Canalla, que recibiu nesta volta 155 propostas para a proxección..
Amplía a nova>>
03/08/2010
A muller protagoniza a nova edición das Xociviga
Un curso sobre cinema e muller e un ciclo de cinema en feminino son as actividades que lle dan o ton á nova edición da Xornadas de Cine e Video de Galicia (Xociviga) que comezaron onte no Carballiño. O encontro programa ademais unha exposición sobre cine e o Camiño de Santiago, mesas redondas e conferencias e mais un ciclo dedicado á cineasta urugaia Manane Rodríguez, con tres dos seus filmes. Tamén se proxectarán diferentes filmes destinados aos máis novos..
Amplía a nova>>
02/08/2010
A crise de Filmax aféctalle a Bren Entertainment e a Castelao Productions
A débeda de 174 milóns que acumula o grupo Filmax levou aos seus responsables a convocar concurso de acreedores sobre varias das compañías vencelladas ao mesmo. A medida afectará a Castelao Productions e a Bren Entertainment, divisións galegas do conglomerado audiovisual. Quedan fóra destas medidas Castelao Pictures ou Producións A Fonsagrada, tamén radicadas no noso país. Pola súa banda, a convocatoria de emprego público que acordara a dirección da CRTVG cos representantes sindicais e mais co Tribunal Superior de Xustiza de Galicia non se poderá convocar como estaba previsto. O Consello de Administración da Compañía rexeitou a pasada semana a proposta de cadro de persoal presentada polos responsables do ente. A situación deixa en suspenso o proceso de consolidación de emprego longamente demandado polos traballadores da compañía..
Amplía a nova>>
30/07/2010
O Audiovisual denuncia a parálise das axudas públicas ao sector
A Xunta ten pendentes de resolver axudas para o sector audiovisual por 6.260.000€, o que supón un 7,31% do total do negocio desta industria. As oito asociacións que agrupan diferentes profesionais da área denunciaron hoxe, nun comunicado conxunto, a parálise destas axudas e mais a falta de resolución da segunda fase do Plan de Apoio e Potenciación da Produción Cinematográfica Galega, que corre por conta da CRTVG. Canda a isto, reclaman a posta en marcha da liña específica de apoio ao sector do Instituto Galego de Promoción Económica. Os profesionais do audiovisual denuncian que a parálise destes apoios lles está a dificultar conseguir outras vías de financiamento e que pon en perigo 1.200 postos de traballo..
Amplía a nova>>