23/09/2010
Lugo prepárase para a súa 32 Semana Internacional de Cine de Autor
É a antesala do San Froilán e a cita de referencia do audiovisual en Lugo. A Semana Internacional de Cine de Autor cumpre a súa 32 edición presentando as tendencias, novidades e a realidade dos creadores e a creación.
Ajami,
A Caixa de Pandora,
Déixame entrar,
Cidade de vida e morte e
Noite transfigurada conforman a sección oficial dun certame que mantén os seus tradicionais ciclos (infantil, muller curtametraxes…) aos que este ano se lle une un sobre o Xacobeo e outro sobre cine histórico ou de aventuras (peplum). O certame organizado polo clube fotocinematográfico lembra a figura a Enrique Muíño cunha exopsición de fotografía, conferencias e un ciclo de cinema..
Amplía a nova>>
22/09/2010
Ourense acollerá un congreso para promover a literatura histórica
Autores, profesionais e lectores da literatura histórica teñen unha cita en Ourense do 10 ao 17 de outubro en Ourense.
Auria, Semana de Literatura historica é o congreso que pretende promover este xénero coa presenza de autores como Juan Eslava Galán, Luis García Mañá, Manolo Rivas, Carlos Reigosa, Xosé Carlos Caneiro ou César Vidal. Ademais das conferencias e os encontros, esta semana tamén contará cun oco para o cinema cun ciclo (versión orixinal subtitulada) sobre personaxes históricos como Genghis Khan ou El Greco..
Amplía a nova>>
17/09/2010
Música e cine únense no festival Filminho
O domingo comezará en Tomiño unha nova edición do festival de cine galego e portugués, Filminho. O encontro, organizado pola Asociación Morraceira celebra a súa terceira edición con numerosas actividades complementarias: unha retrospectiva do cineasta Carlos Velo, un concerto de Víctor Coyote e a celebración dos primeiros obradoiros de cine para escolares. O encontro terá, ademais das seccións competitivas, unha homenaxe á directora e guionista portuguesa Noemia Delgado..
Amplía a nova>>
17/09/2010
O cine e a cultura árabe volven a Compostela da man do VIII Festival Amal
Amal continúa a facerse grande. O festival especializado en temática árabe proxecta este ano 45 filmes procedentes de 22 países que seguen fieis á súa filosofía: promover o diálogo e a comunicación intercultural. Máis coproducións europeas cos países árabes na sección oficial e máis filmes dirixidos por mulleres, nun encontro que se desenvolverá do 23 ao 30 de outubro. Como xa é habitual nesta programación, Amal tamén dará a coñecer a cultura árabe cun interesante programa de actividades paralelas: o ciclo de cine infantil, obradoiros (danza, cociña ou música árabes), e unha nova edición do concurso Amal Express, que propón a realización dunha curtametraxe de ata 5 minutos de duración en 96 horas. Ademais de actividades musicais, haberá un punto de encontro entre profesionais internacionais como cineastas como Liana Saleh e Pela del Álamo, o ex director do ICAA Fernando Lara, os xornalistas Óscar Abou Kassem e Nayla Abdul-Khlalek e programadoras como Marie-Claude Benha e Chusi Riveira..
Amplía a nova>>
15/09/2010
Cela 211, preseleccionada pola Academia de Cine para os Óscar
Lope,
Cela 211 e
Tamén a chuvia son os tres filmes que a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas acaba de anunciar como precandidatas a representar a España nos Óscar. Non será ata o vindeiro 28 de setembro cando se coñeza cal das tres é o filme elexido para representar a España (a Academia hollywoodiense escollerá despois cinco títulos entre os filmes presentados polos diferentes países de fala non inglesa). A produción da factoría coruñesa, Vaca Films, tamén deberá agardar ata o vindeiro 15 de decembro para saber se está entre as cinco finalistas aos globos de Ouro, despois de superar a primeira peneira..
Amplía a nova>>
08/09/2010
A película de Martin Sheen sobre o Camiño estrearase en Toronto
Mañá arrinca en Toronto unha nova edición do seu festival internacional de cine (Toronto International Film Festival). Un encontro no que se poderá ver, dentro das presentacións especiais,
The way, o filme sobre o Camiño de Santiago (producido por Fílmax, Sempre Cinema e pola TVG) rodado en Galicia. O filme chegará as carteleiras españolas o vindeiro 19 de novembro. En todo caso, na presentación da fin da rodaxe en Santiago realizada no 2009, o produtor lucense Julio Fernández anunciou a súa intención de facer unha estrea popular no Obradoiro para o mes de agosto do 2010. Canda esta produción, na sección oficial a competición destaca o filme do ourensá Rodrigo Cortés,
Buried..
Amplía a nova>>
07/09/2010
Curtocircuíto alonga a súa programación ata final de ano
Máis curtocircuíto. Baixo esta etiqueta, o concello de Santiago quere estender a programación do festival de curtametraxes ao resto do ano. En total, de hoxe a final de ano proxectaranse 52 traballos chegados de 21 países diferentes agrupadas en oito blques temáticos (cinema fantástico internacional, cinema fantástico español, cinema europeo, premios Goya 2010, cine da lusofonía e ceine para público novo). Todas as curtas proxectaranse no Auditorio e despois repetiranse de xeito rotatorio en cada centro sociocultural diferente..
Amplía a nova>>
03/09/2010
A terceira edición do Festival de Curtametraxes de Bueu bate marcas de participación
O luns arranca a terceira edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu. Recibiron preto de 500 traballos, pero só 25 participarán na sección oficial que este ano duplica a contía dos seus premios (2.000 euros para o mellor traballo, 1.000 para o segudno premio e 500 para a mellor curta galega e outros tantos para o premio do público). Alén dos trofeos, repartiranse tamén diplomas entre as categorías técnicas. O festival contará con 5 proxeccións diarias que concluirán o día 11 coa entrega de premios e visionado das curtas gañadoras. .
Amplía a nova>>
01/09/2010
Unha de romanos, e outras historias
A semana pasada a Agadic (e non o Consorcio Audiovisual tal e como se anunciara desde a Secretaría Xeral de Medios) facía pública a relación de beneficiarios das subvencións das producións ou coproducións audiovisuais deste 2010. Aproveitamos para revisar entre todos os proxectos que recibirán cartos públicos para ver as historias que preparan as produtoras galegas..
Amplía a nova>>
31/08/2010
Tres producións galegas estarán presentes en San Sebastián
É o festival español de cine máis importante do Estado e este ano contará nas diferentes seccións do seu progarma con tres títulos relacionados con Galicia. O director ourensá Rodrigo Cortés presentará alí
Buried(Soterrado), o filme premiado en Sundance que está a levantar grande expectación. Canda este titulo, Dygra presentará alí a súa primeira produción en 3D,
Noite de paz? que ten previsto estrear para este nadal nas carteleiras. Completa a participación galega,
Canto pesa oseu edificio Señor Foster?, un documental codirixido polo ourensá Norberto López. Canda estas novidades, Vaca Films presenta a súa próxima película (e ópera prima de Luis Avilés),
Retornos, no marco do Festival de Cine de Montreal. O filme chegará as carteleiras en outubro distirbuído por Vértice Cine..
Amplía a nova>>