Novas | 2411 a 2420 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

01/10/2010
Comeza o Festival de Ourense coa proxección de 18 comidas, o último filme de Jorge Coira

Malia que a inauguración oficial terá lugar ás 21:30 horas, coa proxección do último filme de Jorge Coira 18 comidas, o festival arrincou xa pola mañá coa primeira das proxeccións do ciclo “cine nas aulas”. Por diante quedan nove días nas que se poderá ver filmes chegados de máis de 80 países (curtametraxes, longametraxes, documentais...), alén de numerosas actividades paralelas (exposicións, masterclass, encontros co público...). Unha cita co cinema que este ano ten un orzamento de 500.000 euros, 50.000 euros. . Amplía a nova>>

29/09/2010
Secuestrados arrasa en Austin, no festival de cine de xénero máis importante de EEUU

En pleno lanzamento de Retornos, a produtora coruñesa ten os ollos postos en Secuestrados, o filme que coproduce con Blur, Attic e La Fabrique 2 (Francia) coa participación de Filmanova Invest, Xunta de Galicia, TVG e o Programa Media. A historia dunha familia secuestrada por tres encapuchados na nova vivenda que acaban de inaugurar acaba de trunfar no Festival de Cine de Austin, unha cita destacada deste xénero, onde se fixo co premio a mellor película e mellor dirección. O filme seguirá o seu percorrido en festivais e a seguinte recalada será en Sitges (o vindeiro 10 de outubro), no festival de cine de terror máis importante do Estado. . Amplía a nova>>

29/09/2010
Onde nunca pasa nada

O vindeiro 29 de outubro chegará ás pantallas Retornos, un dos últimos títulos da factoría coruñesa Vaca Films (Cela 211, Cargo) que conta a historia dun pai que regresa, logo de dez anos en Suíza, a unha vila que agocha escuros segredos. Rodada case integramente en Galicia fai parte desa liña da produtora de apoiar proxectos galegos, xa que alén do equipo técnico e artístico, Luis Avilés foi o coguionista e director desta longametraxe. O filme, rodado en galego e castelá, proxectarase fóra de Galicia en version orixinal con subtítulos.. Amplía a nova>>

28/09/2010
Festivais ¿para que?

O venres arrinca unha nova edición do Festival de Cine de Ourense. Son xa quince anos asistindo fieis ao outono cinematográfico de Galicia (adiantados no calendario para non coincidir con Cineuropa, o encontro santiagués) cos seus sinais de identidade: cinema independente, punto de encontro de cinematografías, presenza de producións audiovisuais galegas… Pero este ano, o encontro quere definir para qué sirve un festival de cine.. Amplía a nova>>

28/09/2010
Alexia Muíños presenta en Lugo a súa primeira longametraxe

Naceu na Coruña pero desde hai un tempo vive en Barcelona. Alexia Muíños está estes días en Lugo para presentar Noite transfigurada, a súa primeira longametraxe. Un filme de autor, independente, inspirado no After hours de Scorsese que conta a noite dunha muller (Laura Martuscelli) despois de que atope a súa parella na cama con outra. O filme escritor, dirixido e montado pola propia Muíños chega a lugo despois de recibir o premio do público no festival de Milán e participar en diferentes certames. . Amplía a nova>>

27/09/2010
Rodar é promover

Hoxe celébrase o Día Internacional do Turismo. Unha efeméride que aproveitamos para falar doutro tipo de turismo, o que motivan os profesionais do audiovisual. Son dúas direccións, dunha banda atrae a equipos de rodaxe, actores, directores. Antonio Banderas, Pedro Almodóvar, Elena Anaya, Pilar Rubio… son algúns dos nomes de actores e directores que nos últimos meses estiveron por aquí. Da outra, o resultado atraerá a turistas tradicionais. E no medio, as Film Comision, oficinas para facilitar e promover as rodaxes. Das que existen en Galicia só a de Santiago está plenamente operativa neste momento. . Amplía a nova>>

27/09/2010
AEGA propónlle a Feijóo privatizar parcialmente a Televisión de Galicia

A dependencia entre o sector empresarial audiovisual e a Televisión de Galicia é unha relación sabida e constatada en numerosos informes. Agora, o sector representado en AEGA (A Asociación de Empresas Galegas do Audiovisual) acaba de poñerlle sobre a mesa ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, unha proposta que implica a privatización parcial. Tal e como publica hoxe El País, ese documento contempla que os servizos informativos, a xestión e o control seguirían sendo públicos, mentres que privatizaría o resto da produción. . Amplía a nova>>

27/09/2010
Un informe constata a recuperación do sector audiovisual galego

O 2009 non foi un ano tan malo para o sector audiovisal galego. Así o din as cifras que cuantifica a Federación de Productores Audiovisuais de España (FAPAE) relativas a Galicia. Segundo esta fonte, a facturación das produtoras galegas ascendeu ao 4.4% (no 2008 foi do 3.2%) recuperando o terceiro lugar no total do Estado. Ademais, ese mesmo documento indica un incremento do emprego do sector (sitúase no 8%, un punto máis que en 2007). Ademais, este mesmo informe apunta que no 2009, o sector audiovisual recibiu da Administración da Xunta maís de cinco millóns e medios (case un millón máis que no 2008). . Amplía a nova>>

24/09/2010
Varias producións galegas exhíbense no marco do Festival de Cine San Sebastián

O Festival de Cine de San Sebastián entra nas últimas horas antes de que o xurado desvele o gañadores da Cuncha de Ouro. Pola cidade vasca paseáronse estes días algunhas producións galegas. No marco da sección Made in Spain presentouse a exitosa Cela 211 e Estigmas; na chamada “Zabaltegui-Perlas” o ourensá Rodrigo Cortés exhibiu Buried coa que foi premiada no Sundance. A coprodución entre a galega Tic-tac con varias empresas iberoamericanas, Auga Fría de Mar, presentouse no marco da sección Horizontes Latinos. Completa a listaxe de películas galegas na 58 edición, un avance de Holy Night. Noite de ¿paz? de Dygra, que se encadraba no Encontro Internacional de Estudantes de Cinema. . Amplía a nova>>

24/09/2010
Pinzás presenta en Vigo o documental que coprotagoniza con Gurruchaga e Paul Naschy

“That´s life” asegura Javier Gurruchaga nun momento do documental As imaxes perdidas. A otura mirada, o último proxecto cinematográfico de Juan Pinzás. O realizador vigués non abandona o dogma, xa que incorpora algunhas características deste estilo cinematográfico ao xénero documental para presentar un filme que busca “unha viaxe física e introspectiva cara o interior dos protagonistas”. Ademais do coñecido e polifacético Javier Gurruchaga, o proxecto conta como actores co finado Paul Naschi e co propio Pinzás. O filme distribuirase en Vigo, Lugo, Ferrol, Santiago, Ourense, Madrid, Barcelona e Valencia.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org