Alexia Muíños presenta en Lugo a súa primeira longametraxe

Chega despois de recibir o premio polo público en Milán e diferentes festivais

Naceu na Coruña pero desde hai un tempo vive en Barcelona. Alexia Muíños está estes días en Lugo para presentar Noite transfigurada, a súa primeira longametraxe. Un filme de autor, independente, inspirado no After hours de Scorsese que conta a noite dunha muller (Laura Martuscelli) despois de que atope a súa parella na cama con outra. O filme escritor, dirixido e montado pola propia Muíños chega a lugo despois de recibir o premio do público no festival de Milán e participar en diferentes certames.