O Teatro Principal de Santiago acolle esta semana unha nova xornada de proxeccións audiovisuais. O xoves 24 (as 21:00 horas) terá lugar a estrea da última curtametraxe de
Sonia Méndez, Leo e Mario (se deixan) protagonizado por Alberto Rolán e Xiana Carracelas. Canda esta curtametraxe, Alfonso Zarauza e Jaione Camborda prsentarán o último videoclip de Doctor Gringo Dark Obsession e Xan Solo e Gael Gerrera o de Nunca serei. Á mesma hora, o Cineclube Compostela acollerá a presentación dos últimos proxectos de Ramiro Ledo: o libro Non conciliados. Argumentos para a resistencia cultural, e a curtametraxe O proceso de Artaud nos que reflexiona sobre a lei e a xustiza a partir da película de A paixón de Xoana de Arco de C.T. Dreyer.