O Cineclube Compostela ofrecerá o venres unha xornada cultural a prol da cultura libre

A cultura debe ser libre

5/7/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Pola cultura libre. Este é o berro de guerra do Cineclube Compostela que programa para este venres unha xornada cultural de balde. Unha curiosa resposta contra a demanda por valor de 250 euros, interposta por unha productora ao exhibir un filme malia contar co permiso do director. “House at Pooneil Corners”, de Jean Luc Godard, “O tigre saltou e matou, mais vai morrer... vai morrer...” do cubano Santiago Álvarez, un recital de poetas piratas, unha obra de teatro a cargo de Berrobambán, concertos e un picadiscos conforman o programa para este venres 6 de xullo a partir das 19:00 horas.

Máis información en Vieiros e no web do Cineclube

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vieiros, Teatro, Piratas, Guerra...