O festival de cine galego e lusófono Primavera do Cine, de Vigo, premiará na súa XIº edición de xeito honorífico a traxectoria do Cineclube Lumière, da cidade olívica. Recoñécese con esta distinción a unha "institución de cultura da resistencia en Vigo, transmisora de paixón polo cinema e apostando pola cultura de proximidade", segundo a organización, que considera que facer esta mención "é conmemorar o cinema libre" . O festival, que se celebrará entre o 13 e 18 de setembro, presentou xa o seu programa e fixo anuncio deste galardón que se entregará no acto de clausura ao membro fundador do Cineclube Lumière, Francisco Javier Estévez Álvarez e á súa actual presidenta, Meli López. O evento tamén celebrará o centenario e María Casares cun acto no que se proxectará o filme "Orfeo", de Jean Cocteau, precedido por unha presentación a cargo da historiadora do cinema Ana Gontad.
Esta edición do festival celebrarse en catro sedes na cidade: MARCO, Auditorio Municipal, Sede da deputación provincial e Instituto Camões. Nestes pespazos desenvolverase un programa que inclúe dous obradoiros e as proxeccións dos filmes seleccionados. Na sección oficial de curtametraxes ofrécense ata 16 filmes, entres os que están obras recentes de, entre outros, cineastas de Galicia como Eloy Domínguez, Xisela Franco, Diana Toucedo e Guillermo de Oliveira. Este último, que foi candidato ao Goya por 'Desenterrando Sad Hill' presentará na cidade a súa nova curtametraxe, o western 'Sauerdogs'. Ademais diso o programa de seccións oficiais tamén amosará catro curtas infantís, e catro longametraxes. Haberá unha 'Noite dos videoclips' na que se poderán visionar varios destes traballos máis recentes.