Que Carrie Bradshow (protagonista de Sexo en Nova York) beba asiduamente Cosmopolitan supuxo un incremento das vendas deste tipo de cocktail. Sexa por curiosidade, por imitación ou por simple anécdota, moitas das comidas que se exhiben nas producións audiovisuais espertan moitas curiosidades. Desde hai dous anos, a escola de hostalerÃa de Lugo organiza menús de cine que este ano, ademais, se complementan cunhas xornadas sobre a relación entre estas dúas artes.
A gastronomÃa e o audiovisual espertan paixóns a partes iguais e se xuntamos ambos factores o resultado é “Comer de cine: Europa, Europa”, un programa de elaboración e degustación de pratos que aparecen reseñados en pelÃculas; e “Focos e fogóns: cine, televisión e cociña” unha sesión para analizar producións audiovisuais con temática gastronómica. Da man de dous centros educativos, SanXillao dunha banda e da Escola de Imaxe e Son (desenvolvida pola Fundación TIC de Lugo) da outra, estes dÃas en Lugo cómese de cine e o cine fala de gastronomÃa.
Comer de cine
Sentirse como Ameliè na pelÃcula de Jean Pierre Jeunet e comer “endivias gratinadas con salsa Mornay” ou comer “o potaxe de garavanzos con morcilla” que comen en Rufufú (Mario Monicelli, 1958) é posible grazas ao encontro “Comer de cine” que desde hai tres anos organizan o profesor Juan Marei profesor do IES SanXillao no que se imparten uns módulos de hostalarÃa. Este ano, o encontro recupera receitas sacadas de producións europeas e baixo o tÃtulo “Europa, Europa” pódense degustar desde a “esfera dexelea” de Cyrano de Bergerac (Jean-Paul Rappeneau, 1990) ata o “savarÃn de cereixas e chantilly” que sae en O festÃn de Babette (Gabriel Avel, 1987). O que comezou sendo “unha boa forma de achegar os rapaces ao cine a través da gastronomÃa”, explica Marei, acabou por ser todo un éxito. “Eles preparan as receitas, adáptanas ao seu gusto cos profesores das materias correspondentes e logo, durante tres dÃas, hai un menú degustación” explica este profesor de Formación Laboral e afeccionado ao cine. A preparación das receitas vai paralelo a un ciclo de cine no que os escolares descubren un cinema diferente e que lles sirve inspiración para as súas gastronomÃa. “Cada xornada acompáñase dun libriño que editamos nós que contén tanto información sobre as pelÃculas, como as receitas que elaboran os alumnos para a degustación” apunta Marei. Desde hoxe ata o xoves, o comedor do IES Sanxillao (con capacidade para 50 persoas) servirá un menú de cine con un aperitivo, catro primeiros pratos, catro segundos e catro sobremesas.
Focos e fogóns
Nos últimos tempos houbo un incremento do número de producións audiovisuais que abordaban, ben de xeito ficcional, ben de xeito documental, a gastronomÃa. “Tendo en conta esta realidade, organizamos uns encontros que pretenden analizar desde mostras de documental, ficción e dar a coñecer tanto aos nosos alumnos como ao público en xeral, que existe unha gran produción audiovisual sobre esta temática e que, ademais, ten gran futuro laboral”. Deste xeito Xosé Antonio Corredoira explica a xénese destas xornadas audiovisuais “Focos e fogóns: cine, televisión e cociña” que acompañan proxeccións con coloquios nos que os produtores explican as peculiaridade dos seus produtos audiovisuais. “Ademais, nesta primeira edición haberá unha mesa redonda na que bloguers, produtores e realizadores abordarán as claves do éxito da cociña e contidos audiovisuais” apunta Correidoira. Ata o xoves o encontro contará con profesionais locais como Jorge Coira que aproveitará para presentar un adianto da súa última longametraxe 18 comidas e o documental Que culpa ten o tomate, que compaxinará a súa presenza co Vicenç Asensio Rovira, que é o socio fundador e creativo de Visual 13 que ten feito un documental sobre el Bulli, o famoso restaurante de Ferrán Adriá. Ademais, para darlle un aspecto máis público ao encontro, o programa de TVE España directo fará unha conexión para coñecer como se elabora “unha das receitas de cine”.
As xornadas tamén inclúen a presenza do fenómeno mediático gastronómico máis destacado dos últimos tempos, Benigno Campos e o seu “Larpeiros” (a edición impresa vendeu máis de 21.000 volumes e o programa que emite TVG bateu marcas de audiencia). “Este ano centrámolo en producións audiovisuais estatais, pero para o vindeiro 2011 xa estamos a pensar que estas xornadas de audiovisual e gastronomÃa deberan reflexionar sobre o fenómeno Europeo” apunta Corredoira.
Menú de Cine.A gastronomÃa e o audiovisual espertan paixóns a partes iguais e se xuntamos ambos factores o resultado é “Comer de cine: Europa, Europa”, un programa de elaboración e degustación de pratos que aparecen reseñados en pelÃculas; e “Focos e fogóns: cine, televisión e cociña” unha sesión para analizar producións audiovisuais con temática gastronómica. Da man de dous centros educativos, SanXillao dunha banda e da Escola de Imaxe e Son (desenvolvida pola Fundación TIC de Lugo) da outra, estes dÃas en Lugo cómese de cine e o cine fala de gastronomÃa.