V Televisión apostará polos informativos e a produción independente

A cadea comeza ás 21:30 horas do 30 de maio cun programa especial

O domingo 30 de maio, ás 21:30 horas arrinca a programación de V Televisión. A cadea autonómica privada vencellada ao Grupo Voz inicia a súa andaina cun programa especial de presentación da nova canle. Despois, dous capítulos de The Wire, serie de culto sobre o tráfico de drogas desde un punto de vista novidoso da HBO que está a colleitar moi boas críticas. Fernanda Tabares, subdirectora da cadea, explica que “pretendemos facer unha televisión urbana para xente nova”. Unha novidosa estrutura informativa (con noticiarios a cada hora e espazos propios metereolóxicos), aposta pola produción independente (programas sobre moda, deseño, música...) e por series de calidade (The Wire) son algúns dos sinais de identidade desta nova cadea. Sintonízaa!