O agroglamour pechou as súas portas a ritmo de música e, ademais, coa entrega de premios. O xurado recoñeceu como mellor curtametraxes Rodilla, na categorÃa de ficción, e A nena que tiña unha soa orella no apartado de animación. Os premios para os actores, sen dotación económica, foron para Fernando Cayo e Javier Gutiérrez (ex aequo) e para Nancy Valcárcel. Neste aspecto o xurado constatou “a grave carencia de papeis relevantes para as mulleres nas curtametraxes recibidas, o que evidencia unha fonda desigualdade na representación cinematográfica”. Pola súa banda, os veciños estrearon o seu particular xurado e premiaron a Padre modelo de Alejandro Marzoa.