03/06/2010
Mundos Dixitais analiza os efectos especiais de Avatar e Iron Man II
A gran cita dos efectos dixitais trae este ano a dous especialistas sobresaíntes: dunha banda, ao xefe de tecnoloxía da empresa Weta Digital que fixo os efectos especiais de
Avatar e, da outra, ao director técnico de Iron Man II, Pablo Giménez. Son dous dos reclamos de Mundos Dixitais, o programa que se desenvolverá do 7 ao 10 de xullo na Fundación Caixa Galicia..
Amplía a nova>>
03/06/2010
Dezaseis cines galegos únense á Festa do cine
A segunda edición da
Festa do cine pretende conseguir un millón de espectadores nos días 7, 8 e 9 de xuño. A iniciativa organizada pola Federación de Produtores (FAPAE), a de distribuidores (FEDICINE), e a de exhibición (FECE) consiste en que, por cada entrada comprada nos días 4, 5 e 6 de xuño, regalan unha acreditación que permitirá ver outar película entre o 7 e o 9 ao módico prezo de dous euros. En Galicia hai dezaseis cines que se unen a esta promoción que este ano, como novidade, inclúe tamén un código para ver unha das películas do catálogo de Filmotech.com..
Amplía a nova>>
02/06/2010
Unha frase de Terminator convértese na máis célebre na historia da dobraxe da TVG
Con 92 votos o “a rañala rapariga” de Arnold Schwarzenegger en
Terminator convértese na frase máis célebre da historia da dobraxe da TVG. Ou alomenos así o recoñecen os usuarios de Twitter no concurso que a cadea pública convocou por esta plataforma co gallo das súas vodas de prata. Por detrás quedaron “Este batido está caralludo” (Pulp Fiction) con 91 votos, mentres que “Para vences a Austin Powers témsolle que roubar o seu... mollo” (en Austin Powers) recibíu 90 votos. .
Amplía a nova>>
02/06/2010
O Sónar exhibirá na Coruña filmes relacionados coa música avanzada
É o gran festival da música avanzada e da arte multimedia. Coincindo co Xacobeo, o Sónar contará cunha edición na Coruña que se desenvolverá do 17 ao 19 de xuño. Alén do apartado de concertos e de arte multimedia, haberá unha seccion dedicada a exhibir producións audiovisuais moi relacionadas coa música (Sónarmúsica Galicia). De entre delas destaca
Finisterrae, filme protagonizado por dúas pantasmas que viaxan de Barcelona cara Finisterre seguindo o Camiño de Santiago co obxectivo converterse en efémeros como o resto dos mortais. Esta produción, dirixida por Sergio Caballero, dalle imaxe ao Sónar 2010..
Amplía a nova>>
01/06/2010
Comer de película
Que Carrie Bradshow (protagonista de Sexo en Nova York) beba asiduamente Cosmopolitan supuxo un incremento das vendas deste tipo de cocktail. Sexa por curiosidade, por imitación ou por simple anécdota, moitas das comidas que se exhiben nas producións audiovisuais espertan moitas curiosidades. Desde hai dous anos, a escola de hostalería de Lugo organiza menús de cine que este ano, ademais, se complementan cunhas xornadas sobre a relación entre estas dúas artes..
Amplía a nova>>
31/05/2010
A Sala Nasa crea a súa rede de televisión
As “ultranoites” son o nome dun formato de espectáculo creado pola Sala Nasa na que se caracterizou por unha grande improvisación e contacto co público. Precisamente, nun destes encontros celebrados en marzo, os responsables da Nasa aproveitaron para presentar a súa última aposta, “RedeNasa.tv. Xesús Ron, director artístico, asegura que se trata "dunha prolongación da Sala Nasa” que permitirá ver na rede máis de 600 horas de gravacións de espectáculos realizados neste espazo alternativo. Canda estas gravacións, RedeNasa.tv, presenta tamén entrevistas que van desde a algúns dos artistas que participaron na programación, como aos albaneis que axudaron a construír este espectáculo que está a piques de cumprir vinte anos. Nos vídeos hai desde un sketch dos Chévere parodiando aquela sonada campaña publicitaria de Galicia Calidade, o concerto que deu Paquita la del Barrio en 1983 ata a presentación do espectáculo de Marcel.lí Antúnez, performer, actor e artista visual catalán Marcel.lí Antúnez, membro fundador de La Fura dels Baus. A canle estará operativa ao público desde hoxe, luns 31 de maio..
Amplía a nova>>
31/05/2010
O público e o xurado de Curtocircuíto premian a historia dun nacemento
Malia que non é habitual, xurado e o público coincidiron no seu veredicto na sétima edición de Curtocircuíto, o festival de curtametraxes de Santiago. A gran vencedora foi a curta holandesa
Geboren en Getogen (Nado e criado), que conta como Bo prepara unha canción para celebrar o nacemento do fillo que agarda con Elsa. Na sección internacional, destacan
Viiko Ennen Vappua,
Logorama (curta que gañou o Óscar neste 2010) e
The Marina Experiment, que gañaron os premios á mellor ficción, animación, e documental respectivamente. Na sección galega gañou
Unha Segunda Posguerra, mentres que na estatal foi
Mi amigo invisible de Pablo Larcuen..
Amplía a nova>>
31/05/2010
Televisión escríbese con V
V Televisión acaba de abrir as suas portas. Nace, segundo a subdirectora, Fernanda Tabarés, como “unha cadea urbana para xente nova”. Con moita atención ao que acontece na rúa, cunha estrutura de informativos moi semellante á da radio (con boletíns horarios), moita actualidade e un oco destacado para a información metereolóxica. Ademais, V Televisión bota man da produción independente do país para presentar programas sobre moda (
Moda galega), arte (
Xente emerxente), gastronomía (
Ata a cociña), audiovisual (
V minúscula) e música (
Música ambiente), entre outros programas. Máis de medio centenar de profesionais conforman o plantel desta nova cadea cuxas claves nos explica Tabarés. .
Amplía a nova>>
28/05/2010
V Televisión apostará polos informativos e a produción independente
O domingo 30 de maio, ás 21:30 horas arrinca a programación de
V Televisión. A cadea autonómica privada vencellada ao
Grupo Voz inicia a súa andaina cun programa especial de presentación da nova canle. Despois, dous capítulos de
The Wire, serie de culto sobre o tráfico de drogas desde un punto de vista novidoso da HBO que está a colleitar moi boas críticas. Fernanda Tabares, subdirectora da cadea, explica que “pretendemos facer unha televisión urbana para xente nova”. Unha novidosa estrutura informativa (con noticiarios a cada hora e espazos propios metereolóxicos), aposta pola produción independente (programas sobre moda, deseño, música...) e por series de calidade (
The Wire) son algúns dos sinais de identidade desta nova cadea. Sintonízaa!.
Amplía a nova>>
27/05/2010
Cultura esixirá “carácter cultural” ás obras subvencionadas
Ignasi Guardáns, director xeral do Instituto de Cinematografía e Artes Audiovisuais (ICAA) acaba de remitir a diferentes sectores os aspectos para modificar a orde ministerial para adecuala ás directrices europeas. En primeiro lugar, haberá recortes na contía máxima de axuda que pode recibir unha película en España. Así, as axudas a amortización (axudas automáticas en función do recadado) van ser recurtadas en 500.000 euros. Ademais, segundo publica hoxe
El País as películas españolas precisarán ter un “carácter cultural” que lle outorgará unha comisión, da qeu se descoñece a súa composición. .
Amplía a nova>>