23/06/2010
Alfonso Zarauza e Sonia Méndez presentan os seus últimos traballos audiovisuais
O Teatro Principal de Santiago acolle esta semana unha nova xornada de proxeccións audiovisuais. O xoves 24 (as 21:00 horas) terá lugar a estrea da última curtametraxe de
Sonia Méndez,
Leo e Mario (se deixan) protagonizado por Alberto Rolán e Xiana Carracelas. Canda esta curtametraxe, Alfonso Zarauza e Jaione Camborda prsentarán o último videoclip de Doctor Gringo
Dark Obsession e Xan Solo e Gael Gerrera o de
Nunca serei. Á mesma hora, o Cineclube Compostela acollerá a presentación dos últimos proxectos de Ramiro Ledo: o libro
Non conciliados. Argumentos para a resistencia cultural, e a curtametraxe
O proceso de Artaud nos que reflexiona sobre a lei e a xustiza a partir da película de
A paixón de Xoana de Arco de C.T. Dreyer.
.
Amplía a nova>>
22/06/2010
Cine me fecit
A exposición
Os mundos de Gonzalo Torrente Ballester (Fundación Caixa Galicia de Santiago, ata o 22 de xullo) permite ver a fonda pegada que o mundo das imaxes deixou no escritor ferrolá. Desde o concello natal ata a Sociedade Estatal de Conmemoracións Culturais, pasando polo CGAI, celebráronse múltiples actividades para festexar o nacemento do escritor e, entre todas elas, aparece de xeito esvaído a cinematográfica. Aproveitando que se acaba de presentar o primeiro documental sobre a súa figura, revisamos as súas relacións co audiovisual. .
Amplía a nova>>
22/06/2010
Vigo crea a súa oficina para promoción de rodaxes
Lena,
Os luns ao sol,
Ilegal son algunhas películas rodadas en Vigo. Pero o concello pretende que sexan moitas máis e que se amplíe tamén a curtametraxes, anuncios ou series televisivas. Por iso, acaba de poñer en marcha a
Vigo Film Office. Integrada dentro das actividades do “Vigo Convention Bureau” pretende facilitar as produtoras os seu traballo audiovisual tanto a nivel galego como internacional..
Amplía a nova>>
21/06/2010
Jorge Coira gaña o galardón a mellor director no festival de Taormina
“Unha visión cinematográfica de hoxe e non caen na abstracción fácil. Mantendo un ton dramático, arrisca en explican con profundidade a realidae de hoxe”. Estas son algunhas das valoracións do xurado do Festival de Cine de Taormina onde o director lucense foi galardoado pola súa última película,
18 comidas. O filme, que foi presentado na sección oficial, conta a histoira cruzada de personaxes interpetados polo lucense Luis Tosar, María Vázquez, Camila Bossa ou Xosé Manuel Olveira “Pico”. .
Amplía a nova>>
16/06/2010
O CGAC e a Bienal de Pontevedra homenaxean a Chano Piñeiro
“Non é posible comprender a complexidade das artes plásticas sen a presenza e a participación do cine, como un vector principal de referencia e tamén de experimentación”. Así comeza o folleto co que a 31 edición da Bienal de Pontevedra (baixo o título Utrópicos) e o CGAC renden unha homenaxe a Chano Piñeiro. Unha homenaxe que se debe a que a Bienal aborda a creación centroamericana e as conexións con Galicia e nas que a traxectoria de Chano se converten nun referente. Aproveitando que se cumpren 25 anos da rodaxe de
Mamasunción, o CGAC e a Bienal programan (xoves 17 e venres 18) unha mesa redonda e a proxección do filme. .
Amplía a nova>>
16/06/2010
Increméntase a participación no festival de cine Euroárabe
É o festival de cine Euroárabe por excelencia de Galicia e suma adeptos cada ano. A Fundación Araguaney acaba de informar que pechou o prazo de inscrición da oitava edición cun incremento do 40% no número de filmes inscritos. En total recibíronse películas de 51 países de todo o mundo, con especial atención aos países árabes, aos que lle seguen Francia, España e Reino Unido. Como novidades en canto a xénero, recibíronse tantas películas de ficción como documentais e, en canto a formato, incremoutose o número de curtametraxes recibidas. Tal e como figura na nota de prensa remitida pola entidade, “as obras seleccionadas para a VIII edición de Amal serán proxectadas nas sedes do Festival”, mentres que e as curtametraxes poderán verse a través da web..
Amplía a nova>>
10/06/2010
Xavier Bermúdez recupera a historia do Batallón Galicia nun documental
O Batallón Galicia, dirixido polo comandante Moreno, desapareceu misteriosamente na zona da Fonsagrada cando viñan de loitar contra os franquistas. Unha historia que glosa un romance anónimo e que sirve como pretexto a Xavier Bermúdez para contar a súa historia no documental
Memorias rotas (Xamalú Films, 2009). O traballo (66 minutos de duración) proxéctase hoxe no Teatro Principal de Santiago ás 20:30 horas (entrada de balde)..
Amplía a nova>>
09/06/2010
Un documental analiza a situación dos pequenos grupos de música
Roger de Flor é un creador bohemio, autodidacta e independente afincado en Ferrolterra. A súa situación sírvelle a outro ferrolán, Carlos Alberto Alonso, para retratar o estado actual de artistas en locais de pequeño aforo en Galicia. O resultado é o documental
Roger de flor: Naturalidade Silvestre que se presenta o xoves no Teatro Principal de Santiago (20:30horas). Alonso toma como pretexto a xira do último disco do cantante
Naturalidade Silvestre que ademais dá titulo ao traballo. Por iso, despois da presentación do documental, o cantante e o grupo
Os silvestres ofrecerán un concerto na Sala Ultramarinos..
Amplía a nova>>
08/06/2010
Escolares de trece localidades subiranse á Caixa dos Mistos
É unha caravana ambulante que leva consigo unha sala de cine itinerante cun catálogo de películas para público infantil. A
Caixiña dos Mistos é un proxecto que desenvolve Mr Misto e que este ano conta co apoio do Xacobeo para levar a súa iniciativa lúdica e cultural a 13 localidades do Camiño Francés. Os asistentes (ten capacidade para 15 persoas) elixen “á carta” as películas proxectadas e votarán os títulos que máis lle gustaron co fin de establecer un
ránking. Ademais, de xeito paralelo ás proxeccións, desenvólvese unha serie de actividades como pasatempos, recortables ou obradoiros de stop-motion con plastilina. .
Amplía a nova>>
04/06/2010
O circuíto de salas alternativo da Xunta estará listo en 2011
Hai tempo que a Xunta madura a idea de buscar un circuíto de exhibición para filmes galegos e producións que teñen dificultades para ahcegar ás pantallas de cines convencionais. O secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, avanzou onte no Parlamento que será para o 2011 e que estará homologado polo Ministerio de Cultura. Segundo explicou, en resposta a unha pregutna de Bieito Lobeira (BNG), o Consorcio Audiovisual traballa nun convenio co Ministerio de Cultura que afecte tanto ás salas públicas como as privadas. Cabaleiro aproveitou para lembrar que, a día de hoxe, o CGAI conta cunha sala permanente para exhibir producións galegas..
Amplía a nova>>