07/07/2010
Mundos digitales reflexiona sobre os mercados dos contidos 3D
A sede da Fundación Caixa Galicia na Coruña acolle desde hoxe a nova edición do certame
Mundos Digitales, que xa é un clásico do verán. Desta volta, os asistentes poderán coñecer en detalle os procesos de realización de filmes como
Avatar,
Iron Man ou O Apóstolo. Pero a nova edición de
Mundos Digitales dedica este ano unha atención especial aos mercados e á comercialización do 3D. .
Amplía a nova>>
06/07/2010
O filme Os Crebinsky estréase cunha xira por Galicia
Música e cinema danse a man no espectáculo 'Universo Crebinsky'. Co patrocinio do Xacobeo, a produtora organizou un espectáculo no que a Banda Crebinsky, autora da banda sonora do filme, precede cun pasarrúas á proxección do filme completo dirixido por Enrique Otero. A banda tamén ofrece un concerto baseado na música do Leste de Europa ao rematar a proxección da película. O espectáculo permitirá o visionado da película antes da entrada prevista da película na distribución salas de cine, que segundo a organización será en outono, despois de abrir a XV edición do Festival Internacional de Cine de Ourense. A estrea do espectáculo será este xoves 8 de xullo no Festival de Ortigueira. Ata o momento, está confirmada a presenza tamén en Pontevedra, A Coruña e Lugo canda Ortigueira e Ourense. .
Amplía a nova>>
06/07/2010
Os efectos 3D
O cine tradicional agoniza lentamente. Desde hai medio lustro as estatísticas do Ministerio de Cultura que cuantifican a asistencia a salas daba un pequeno disgusto cada ano. Así ata agora no que, por primeira vez en anos, cambiou a tendencia. A innovación tecnolóxica chegou ás salas (o 3D abandeirou esa revolución) e o público respondeu coa súa presenza. ¿Un espellismo?.
Amplía a nova>>
01/07/2010
Mundos Dixitais estrea programa formativo sen esquecer os apartados de exhibición
A novena edición do Festival Mundos Dixitais continúa fiel ás súas liñas de identidade: arquitectura dixital; festival de curtas de animación; sesións de conferencias e masterclass xunto co apartado de reclutamento. Pero este ano, tendo en conta que nas anteriores edicións houbo empresas que contrataron a profesionais que asistiron a este certame, a organización optou por potenciar o aspecto formativo. Ademais, do 7 ao 10 de xullo estarán pola Coruña os responsables creativos de producións como
Avatar,
Iron Man ou
O Apóstolo..
Amplía a nova>>
01/07/2010
A película de Os Crebinsky estréase no marco do Festival de Ortigueira
Baixo o nome de
Universo Crebinsky o Festival de Ortigueira acolle o vindeiro xoves a estrea da película protagonizada por Miguel de Lira e Sergio Zearreta. O filme
Os Crebinsky, baseada nunha curtametraxe anterior, conta a historia de dous irmáns que peregrinan na busca da súa vaca Muchka. Ademais da proxección (que se repetirá venres e domingo) tamén estará a banda Crebinsky, formación musical con Vazdín Yuhknevich á fronte, que completará a proxección..
Amplía a nova>>
29/06/2010
Unha xuntanza contará os pormenores da nova Lei Xeral Audiovisual aos profesionais
É a lei máis importante do sector nas últimas décadas. A Lei Xeral Audiovisual, en vigor desde o mes de maio, marca un novo escenario para os contidos audiovisuais. Por iso, a Asociación de Empresas Galegas do Audiovisual organizan unha xornada hoxe para dar a coñecer o alcance e efectos do novo texto xurídico. A cita contará coa presenza de profesionais, expertos do sector e directivos de televisións públicas e privadas e representantes de produtoras audiovisuais..
Amplía a nova>>
29/06/2010
Fina aos 64 anos o actor ourensá Abelardo Pérez
A súa paixón era o teatro pero foi a televisión o medio no que desenvolveu a maior parte da súa carreira profesional. Abelardo Pérez participou nas teleseries
Nada es para siempre (Antena 3),
Al salir de clase (Telecinco) e
Libro de familia (TVG), que lle valeron parte da súa popularidade. Despois dunha longa enfermidade, Abelardo Pérez finou onte no seu ourense natal, onde terá lugar hoxe o funeral (igrexa parroquial de María Auxiliadora-Salesianos, ás 18:45 horas). Pérez estivo moi vencellado á actividade cultural de Ourense, onde participou activamente na celebración do Festival de Cine e en ciclos para achegar o audiovisual á cidade..
Amplía a nova>>
24/06/2010
A Revista do Audiovisual Galego estrea versión dixital
Información, reportaxe, entrevistas, convocatorias e axenda do audiovisual agora tamén diariamente na rede. Cando se cumpren tres anos da edición impresa da Revista do Audiovisual Galego a publicación estrea version dixital. A revista está editada por Bolanda Ediciones. Ademais da seccións xa editadas, conta coa sección de
Carteis de cine na que se ofrece unha ampla selección de pósteres de películas galegas con posibilidade de descarga..
Amplía a nova>>
24/06/2010
Fílmax celebra o décimo aniversario de Bren, o seu estudio de animación en Santiago
Este venres Fílmax celebra o décimo aniversario do seu estudo de animación de Santiago, Bren Entertainment. Faino presentando a súa última película,
Copito de nieve, unha longametraxe sobre o único gorila blanco do mundo que integra animación (que se fará en Santiago) e imaxe real (rodado en Barcelona). O filme ten un orzamento de 6,5 millóns de euros e ten prevista a súa estrea para 2011. Con esta produción, van xa oito os filmes (máis unha serie de animación) que se elaboraron na factoría galega. .
Amplía a nova>>
24/06/2010
O Festival de Seattle premia a interpreación de Luis Tosar en Cela 211
Luis Tosar suma un novo premio pola súa interpretación de presidiario en
Cela 211. Esta vez chégalle do Festival Internacional de Cine de Seattle que este ano contaba con 408 títulos na súa sección oficial. O encontro é unha das citas de referencia do cinema independente de Estados Unidos..
Amplía a nova>>