Novas | 231 a 240 de 4165

<< Anterior Siguiente >>

18/09/2023
A 45 Semana de Cine de Lugo abre as súas portas

O tributo aos cineastas Pepe e Jorge Coira aparece como un dos eixes da cuadraxésimo quinta edición da Semana de Cine de Lugo, que abre as súas portas este 18 de setembro. Os dous irmáns protagonizarán un ciclo dentro do programa desta xeira, que proxectará un total de 135 filmes ata o vindeiro día 23.. Amplía a nova>>

18/09/2023
O filme 11:20 AM alzouse co premio do FIC Verín

O Vía XIV Festival Internacional de Curtas de Verín, fechaba as súas portas este sábado coa entrega dos galardóns das súas sete categorías a corcurso. O filme 11:20 AM do grego Dimitris Nakos resultou gañador na categoría oficial Horizontes. Na sección A Raia a curta foi Raticide, do portugués João Niza, mentres na categoría Nova a mellor peza foi One Minute, de Matilde Sköld e Markus Svanberg (Suecia).. Amplía a nova>>

15/09/2023
Abre en Ourense a exposición fotográfica de Chema Prado como antesala do OUFF

Chema Prado naceu en Rábade en 1952, estivo á fronte da Filmoteca desde 1989 ata a súa xubilación en marzo de 2016 e no ano 2020 recibiu pola súa traxectoria o Premio da Cultura Galega na categoría de audiovisual. O Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense acolle desde onte a súa exposición fotográfica "Series", no marco do programa de actividade paralelas da vindeira edición do Ourense Film festival, que arrancará o vindeiro 29 de setembro. O público que se achegue ao Marcos Valcárcel, poderá gozar de catro series de fotos: Polaroid, Nada que perder, Ciudades e Infraganti. A fotografía foi un medio de expresión para Chema Prado desde hai décadas; xa en 1993 participa nunha primeira exposición colectiva xunto a Bigas Luna, Iván Zulueta e Jesús Garay. Desde entón as súas imaxes puidéronse ver en museos e galerías, sempre co ánimo de explorar a capacidade expresiva dos diferentes formatos fotográficos. Viaxes e festivais, paixón pola pintura e unha extensa rede internacional de colegas do sector cinematográfico son elementos que conforman a crónica visual de Prado. O que foi director de Filmoteca Española foi testemuña privilexiada en proxectos e rodaxes internacionais, trabando amizade con cineastas como o falecido Bernardo Bertoluccci ou John Malkovich, de modo que o público de Ourense atoparase na exposición "Series" con rostros moi coñecidos da gran pantalla como o do director Jim Jarmusch ou o do actor Javier Bardem.. Amplía a nova>>

13/09/2023
Olga Osorio recibirá o premio Chano Piñeiro do OUFF

A organización do Ourense Film Festival (OUFF) está a dar a coñecer os nomes das figuras destinatarias dos seus galardóns honoríficos. O Premio Chano Piñeiro, instituído en 2021 para recoñecer a figuras emprendedoras do audiovisual galego e que leva o nome do histórico director, recae este ano na realizadora Olga Osorio (Lugo, 1972). A cineasta, que ten no seu haber tres premios Mestre Mateo, ten nestes momentos en carteleira a que é a súa primeira longametraxe de ficción "¡Salta!", unha película dirixida e escrita por ela e rodada integramente en Galicia, protagonizada por Tamar Novas e Marta Nieto e producida por Vaca Films. . Amplía a nova>>

13/09/2023
O documental Dorothé na vila xa se pode ver íntegro na rede

Coa mensaxe "Dorothé sempre dixo que o seu traballo nos pertence a todas. Desde hoxe, podedes ver o documental en aberto", Alejandro Gándara e Olaia Tubío, responsables do documental Dorothé na vila publicaban este 12 de setembro esta peza audiovisual na plataforma Vimeo. . Amplía a nova>>

12/09/2023
O Festival de Cinema de Ourense incorpora unha sección sobre videoxogos

OUFF Game Sessions é o nome da nova sección que o Festival Internacional de Cinema de Ourense estrea na súa 28 edición. Os videoxogos protagonizan este espazo que contará co foro "Videoxogos, a nova narrativa audiovisual" o vindeiro 1 de outubro. No mesmo participarán "catro profesionais e docentes especialistas en videoxogos". . Amplía a nova>>

08/09/2023
O FIC de Verín comeza hoxe unha edición que triplica as actividades das anteriores

Ata 32 curtas, de máis dunha ducia de nacionalidades diferentes, participarán na sección oficial da VIII edición do FIC Vía XIV de Verín que comeza hoxe. Durante nove días o programa ofrecerá, ademais das proxeccións das obras que se presentan a concurso dentro das diferentes categorías do certame, un amplo programa de 21 actividades paralelas triplicando o das anteriores edicións. Un dos pratos fortes terá lugar na xornada inaugural coa presenza do actor Pepe Viyuela, participando no coloquio posterior á proxección do documental "Un viaje hácia nosotros", dirixido por Luis Cintora e guionizado por el mesmo, no que se mergulla no pasado da súa familia e, en concreto, no do seu avó Gervasio, que loitou na Guerra Civil. Ao día seguinte, o sábado 9 de setembro, o actor interpretara o seu espectáculo Encerrona.. Amplía a nova>>

07/09/2023
Luísa Merelas recibirá o Premio Cinema Galego do FICBUEU

O Festival Internacional de Cine de Bueu, FICBUEU, regresa este venres cun programa que se desenvolverá na vila pontevedresa ata o sábado 23. A décima sexta edición deste festival de curtametraxes proxectará ata 89 películas chegadas dunha trintena de países dos cinco continentes, 28 de elas na Sección Oficial,. Entre elas algunhas premiadas nos festivais de Venecia, Cannes, San Sebastián, Berlín, Clermont-Ferrand ou Sundance. Galicia estará representada na sección oficial opor catro curtametraxes mentres outros seis na sección exclusiva de produción galega "GZ_00". A actriz galega Luisa Merelas (A Coruña, 1958), recibirá o Premio Cinema Galego do festival pola súa traxectoria. . Amplía a nova>>

06/09/2023
A Coordinadora de Festivais de Cinema ve agravio entre as axudas directas e as subvencións competitivas

Proxecta, a Coordinadora Galega de Festivais de Cinema, que agrupa a 19 certames das catro provincias, ven de facer público un comunicado no que denuncia o que considera "déficit histórico da Xunta de Galicia no reparto de fondos públicos para o sector". A asociación entra deste xeito a achegar a súa perspectiva e defender os seus intereses nun debate que acadou interese político a través dunha iniciativa presentada a pasada semana polo grupo socialista no Parlamento Galego na que sinalan ás axudas directas en forma de convenio do Goberno galego a determinados certames como o Ourense Film Festival máis aló das axudas concedidas por concorrencia competitiva. Desde Proxecta reclaman que se poña fin ao que consideran "unha anomalía que atenta contra o principio de igualdade".. Amplía a nova>>

05/09/2023
O festival RiR de Allariz premia a Manuel Manquiña

A falta de rematar esta VIª Edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Comedia RiЯ de Allariz que se está a celebrar desde onte e ata o vindeiro día 9, xa se coñece o destinatario do seu premio honorífico deste ano. O actor Manuel Manquiña (Vigo, 1953) recibe este ano o Premio RiR Contigo do evento pola súa traxectoria no mundo da comedia. Tamén se homenaxeara a outro nome propio do xénero no audiovisual español, o realizador e guionista Manuel Summers, a coincidir co seu trinta cabodano. Estes días poderán verse en Allariz ata 41 curtametraxes de xénero cómico durante o festival, seleccionados de entre os 268 chegados de moi distintos lugares do mundo, estando finalmente representados oito países, incluíndo Galicia. Dentro do programa poderán verse mostras do audiovisual galego entre as que se estrea a curtametraxe ' Morte e meu avó' de Gon Caride. Xunto a outros como 'O monstro e a nena' de Jorge J. Costas; 'Sandwich cat' de David Fidalgo Omil; 'A comuñón da miña prima Andrea' de Brandán Cerviño e 'Señora, por favor' de Alma Alonso e María Aragón.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org