O festival RiR de Allariz premia a Manuel Manquiña

Proxectaranse ata 41 traballos audiovisuais dentro da sección oficial

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Manuel Manquiña

Manuel Manquiña

A falta de rematar esta VIª Edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Comedia RiЯ de Allariz que se está a celebrar desde onte e ata o vindeiro día 9, xa se coñece o destinatario do seu premio honorífico deste ano. O actor Manuel Manquiña (Vigo, 1953) recibe este ano o Premio RiR Contigo do evento pola súa traxectoria no mundo da comedia. Tamén se homenaxeara a outro nome propio do xénero no audiovisual español, o realizador e guionista Manuel Summers, a coincidir co seu trinta cabodano. Estes días poderán verse en Allariz ata 41 curtametraxes de xénero cómico durante o festival, seleccionados de entre os 268 chegados de moi distintos lugares do mundo, estando finalmente representados oito países, incluíndo Galicia. Dentro do programa poderán verse mostras do audiovisual galego entre as que se estrea a curtametraxe ' Morte e meu avó' de Gon Caride. Xunto a outros como 'O monstro e a nena' de Jorge J. Costas; 'Sandwich cat' de David Fidalgo Omil; 'A comuñón da miña prima Andrea' de Brandán Cerviño e 'Señora, por favor' de Alma Alonso e María Aragón.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Allariz, Manuel Manquiña, Comedia, Xénero...