Xosé Lois O Carrabouxo recibe o premio RiR en Allariz

O Festival Internacional de Curtas de Comedia entregou tamén os galardóns das súas seccións competitivas

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Xosé Lois O Carrabouxo recibe o premio RiR en Allariz

Os máis de 40 anos de traballo no humor gráfico de Xosé Lois González, O Carrabouxo, recibiron este sábado 6 de setembro o recoñecemento do Festival Internacional de Curtas de Comedia RiR de Allariz. A sesión de clausura deste programa acolleu a entrega do galardón RiR Contigo, co que o evento recoñece anualmente figuras destacadas do humor.

Para alén do galardón, González recibiu unha particular homenaxe na forma dunha coreografía do colectivo escénico TIC inspirada no seu personaxe. O programa acolleu a proxección da versión animada do Carrabouxo, desenvolvida polo falecido Lhosca Arias.

Canda a este premio, o festival outorgou os galardóns competitivos. O público escolleu como mellor curtametraxe do ano La mort, mentres o xurado outorgoulle o premio á mellor curta de ficción a La reina del pop, a de animación a Cortes tontos e a documental a La boda.

A mellor dirección foi a de Aurélian Laplace por Le dérapage, o guión recoñecido foi o de Trece gatos e a mellor interpretación foi a de Ariadna Llovet nesta mesma produción. O xurado outorgoulle tamén unha mención especial a Selftape de Sergio Álvarez.

Que che parece esta nova?
167 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Allariz, Comedia, Humor, Xosé Lois González...