O Festival RiR de Allariz recoñece a Luís Davila

O Museo do Humor de Fene fallou os Premios Curuxa

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
O Festival RiR de Allariz recoñece a Luís Davila

O labor do debuxante Luís Davila no campo do humor gráfico acaba de recibir un novo recoñecemento. O autor foi galardoado Co premio RiR Contigo 2020 que entrega o Festival RiR de Allariz polo seu traballo no Faro de Vigo cos cadriños da serie O bichero "que cada día nos fan rir e que tanto nos animaron no pasado confinamento" segundo salienta a organización do RiR. A entrega do galardón celebrarase no transcurso deste evento dedicado ás curtametraxes cómicas e que se desenvolverá entre o 2 e o 6 de setembro vindeiros.

Pola súa banda, o Museo do Humor de Fene deu a coñecer a listaxe de galardoados dos seus Premios Curuxa. Desta volta Sebastiá Martí Benedí levou o primeiro premio Curuxa, para maiores de 25 anos, mentres Hugo Feal Permuy se impuxo no Curuxa Nova (categoría de 16 a 25 anos). Robert John Holt Schmelzer e Luciano Ripio Molina alzáronse co segundo posto nestas categorías.

Que che parece esta nova?
97 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Luís Davila, Humor, Allariz, Museo do Humor de Fene...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares