O Museo do Humor de Fene entrega as Curuxas do ano 2004 a Nunca Máis e a Cau Gómez

Curuxas 2004

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Os galardóns correspondentes á décimo quinta edición dos premios Curuxa que outorga o Museo do Humor de Fene entréganse esta fin de semana na sede desta institución. As XVI Xornadas do Humor serán o marco na que os premiados poderán recoller as prezadas estatuas. Entre os recoñecidos, a plataforma Nunca Máis fíxose co premio de Honra, mentres que o Curuxa Gráfica foi para o debuxante brasileiro Cau Gómez. En total recibíronse 250 traballos para este certame desde trinta e oito países diferentes. Unha selección das obras presentadas poderá verse no Museo do Humor a partir do cinco de xuño.

Máis información en Vieiros

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Humor, Museo do Humor de Fene, Vieiros, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)