Unha fin de semana de humor foi a que pasaron todos os que se achegaron a Fene os dÃas catro e cinco e maio. Unha charla de XaquÃn MarÃn, debuxantes traballando en vivo e a entrega dos premios Curuxa do Humor foron os principais actos programados. O croata Anton Reisinger acadou o principal premio destas xornadas polo seu traballo como humorista. Pola súa banda, o premio de honra recaeu en Xosé Lois, autor do Carrabouxo.
Os premios
O croata Antón Reisinger fÃxose co premio Curuxa Gráfica que outorga anualmente o Museo de Humor en colaboración co Concello de Fene. Reisinger participou cunha caricatura polÃtica como as que publica diariamente en xornais do seu paÃs.
Pola súa banda, o ourensán Xosé Lois recibiu a Curuxa de Honra polos seus vinte anos de traballo no humor gráfico galego, e, segundo o xurado "pola súa utilización da lingua e da retranca" asà como "polo xeito en que o seu humor callou entre a xente". O humorista está a recibir este dÃas homenaxes en Ourense con ocasión do vinte aniversario do seu personaxe O Carrabouxo, e confesou estar emocionado pola entrega deste premio.
Outro premiado foi o Conselleiro da Presidencia Xaime Pita Varela, en quen o xurado valorou "a súa utilización do humor como látigo da opinión no Parlamento". O conselleiro enviou ó seu sobriño Hipólito Fariñas a recoller o premio.
Máis curuxas
A Curuxa ós Medios de Comunicación foi para Aurora Suárez polo emprego do humor nos seus artigos para os xornais "Diario 16", "La Voz de Galicia" e o suplemento "Xatentendo.com" que publica semanalmente este último.
Finalmente o Instituto de Ensino Secundario de Mugardos foi seleccionado polo conxunto dos seus traballos entre todos os centros de ensino que se presentaron ó certame.
Outros actos
Ademais da entrega de premios, esta fin de semana o Museo do Humor de fene acolleu unha charla de XaquÃn MarÃn sobre o humor gráfico e o traballo en directo e Omar Pérez, Kiko da Silva, Abraldes, David Pintor e Leandro Barea, que realizaron caricaturas dos abondosos asistentes ó encontro.