Reabre logo dun ano o Museo do Humor de Fene

Unha homenaxe a Xaquín Marín o día 15 reinaugurará o centro

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:

Despois dun ano de remodelacións, o Museo do Humor de Fene abrirá as súas portas de novo o vindeiro día 15. Unha homenaxe a Xaquín Marín, que foi durante anos o seu director, servirá como inicio desta nova etapa. entre as novidades, o centro conta agora cunha sala dedicada ao humor negro, outra encol do humor infantil e mais unha sala de exposicións e cafetaría. No proceso tamén se enmarcaron preto de 200 debuxos orixinais e se rehabilitaron pezas cerámicas e escultóricas dos fondos. Malia á recuperación de actividade, o Concello no convocará polo de agora os tradicionais premios Curuxa.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Humor, Museo do Humor de Fene, Xaquín Marín, Xaquín Marín...

Claves

Conceptos
Lugares