O Pleno do Concello de Fene aprobaba por unanimidade na mañá deste xoves 4 de agosto mudar o nome do Museo do Humor desta localidade para o denominar Museo do Humor de Fene: XaquÃn MarÃn. A proposta da alcaldÃa da localidade réndelle asà homenaxe ao que foi promotor desta institución e que ademais destaca como "artista plástico total e polifacético" segundo o texto aprobado.
Entre outros méritos, recoñéceselle a MarÃn "un inxente labor de difusión do humor galego en todas as súas vertentes ben sexa a través de exposicións permanentes ou itinerantes (Os humoristas e a reconversión, Humor gráfico actual en Galicia, Cómic galego, Humor cru...), de mostras en colaboración con outras institucións, museos ou particulares (Casa do Humor e da Sátira de Gabrovo en Bulgaria, Museo Internacional de Humor de San Antonio de Baños en Cuba, herdeiros de Mort Walker...), da creación das Xornadas de Humor, os premios Curuxa e a revista Sapoconcho ou do apoio ao nacemento da Asociación de Amigos do Museo do Humor".
Ademais, a nivel creativo destaca a súa "vasta traxectoria que abarca outras disciplinas visuais como a banda deseñada, a pintura, o deseño gráfico, o cartelismo, o muralismo ou a ilustración", ademais de ser o humorista gráfico galego "con maior relevancia, recoñecemento e constancia das últimas cinco décadas". Como méritos artÃsticos, a iniciativa apunta o ser "creador dun estilo cunha linguaxe, recursos expresivos e sÃmbolos propios, totalmente innovador ao tempo que inequivocamente enraizado na tradición plástica galega, dunha coherencia estética e ideolóxica incontestables, tan persoal como universal e, por riba de todo, galego".
O Concello xa desenvolvera nos pasados meses de maio e xuño todo o programa "Volta á orixe" que homenaxeou a MarÃn con diferentes actividades.