A exposición sobre os 40 anos de Can sen Dono chega á rede

O web do Museo do Humor Xaquín Marín de Fene acolle unha selección de contidos da mostra

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda DeseñadaExposicións
Compartir:
Capa do número 19 de Can sen Dono

Capa do número 19 de Can sen Dono

Logo de fechar as súas portas o pasado mes de outubro, a exposición 40º aniversario da revista Can sen Dono chega á rede. O web do Museo do Humor Xaquín Marín de Fene achega unha versión dixital desta mostra, que conmemora as catro décadas da que foi a publicación senlleira do humor galego ao longo dos anos 80.

Na exposición agora dispoñible pódese ver unha compilación de debuxos, acetatos e recortes empregados na composición das páxinas da revista. Tamén se amosan reproducións das vinte e tres portadas e dos catro especiais publicados de Can sen Dono, xunto con correspondencia orixinal e referencias bibliográficas, canda a unha selección de páxinas da cabeceira.

Comisariada polo humorista gráfico e colaborador da publicación Paco Oti, a exposición foi promovida polo Museo Xaquín Marín e a Concellería de Cultura de Fene, coa colaboración da Biblioteca de Galicia (Xunta de Galicia).

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Ladridos que fixeron historia

Ladridos que fixeron historia

Culturagalega.gal súmese ao 40 aniversario de Can sen dono coa publicación da colección completa de portadas da histórica revista

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Humor, Xaquín Marín, Xaquín Marín, Museo do Humor Xaquín Marín de Fene...