En 1983 vía a luz o número 0 de Can sen dono. Esta histórica revista de humor galega iniciou entón unha carreira que chegaría ata 1989, con 23 números publicados e catro entregas extraordinarias. Agora, o Museo do Humor Xaquín Marín, en Fene, homenaxea aquela experiencia cunha exposición a coincidir cos 40 anos da posta en marche deste proxecto pioneiro que supuxo un fito na configuración do humor gráfico no noso país.
A mostra 40º aniversario da revista Can sen dono abre as súas portas este 8 de setembro ás 20 horas cunha mesa redonda na que participarán Pepe Carreiro, director da publicación, Antón Mascato, editor da mesma, ou Paco Oti, colaborador de Can sen dono e comisario da exposición. De cara ao final da mostra, en data por concretar, da profesora e escritora Rosa Cal realizará un relatorio sobre os fanzines galegos ao longo dos anos 80.
Na exposición poderá verse "unha compilación de debuxos orixinais, acetatos e recortes empregados na composición das páxinas da revista", segundo explica o Concello de Fene. "Tamén se amosarán reproducións das vinte e tres portadas e dos catro especiais publicados de Can sen dono, xunto con correspondencia orixinal e referencias bibliográficas". Ao longo da súa traxectoria, a publicación obtivo colaboracións de medio cento de humoristas gráficos e varias sinaturas literarias, con nomes coma Chichi Campos, Xaquín Marín, Nacho Hortas, Xosé Lois, Calros Silvar, Lola Blázquez. Paco Oti, Gulín, Gonzalo Vilas, Siro, Gogue, Picho Suárez, Jaraba, Quesada, Lalo, Bernar, Viqueira, Ínsua, Kukas, Mèndez, Vial, Ferreiro, Xosé Guillermo, Pepe Carreiro, Baranga, Marcos de Abalo ou Forxán.
A mostra poderá verse ata o vindeiro 27 de outubro, en horario de luns a venres, de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas, e os sábados, de 10:00 a 13:00 horas. O proxecto foi promovido polo Museo do Humor Xaquín Marín e a Concellería de Cultura de Fene, coa colaboración da Biblioteca de Galicia.