Quico Cadaval e Guillermo Summers fanse coas Curuxas de Honra do Museo do Humor de Fene

Curuxas con humor

3/4/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
22 lecturas | Compartido 0 veces
O Museo do Humor de Fene acaba de facer públicos os seus premios anuais, as Curuxas, coas que galardoa o sentido do humor de personaxes públicos e medios de comunicación. Os gañadores das Curuxas de Honra nesta edición foron Guillermo Summers e Quico Casaval. Na categoría de obra gráfica o vencedor foi Pinto&Chinto, mentres que no apartado dos medios de comunicación o premio foi para Aduaneiros sem fronteiras. Por último, a Curuxa de Barro foi para Antón Losada, o secretario xeral de Vicepresidencia. Os premios entregaranse no mes de xuño no transcurso das Xornadas do Humor que organiza este museo.

Máis información sobre o museo na nosa hemeroteca


Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados