O Premio do Público do festival Tenerife Shorts, obtido este 26 de xuño, é o máis recente galardón na listaxe de recoñecementos que está a obter A comuñón da miña prima Andrea. A curtametraxe documental de Brandán Cerviño chegou ao festival canario logo de percorrer citas de grande importancia como o Festival Internacional de Cinema d'Autor de Barcelona, o noruegués Kortfilmfestivalen, o AFI DOCOS e o festival de Palm Springs en Estados Unidos, o israelà DOCAVIV ou o Festival de Málaga, onde obtivo unha mención especial do xurado.
O director obtivo con este traballo o premio Fondation Goblet no certame internacional de cinema documental Visions du Réel, celebrado na cidade suÃza de Nyon o pasado mes de maio. O filme, de 12 minutos de duración, recolle as impresións de Andrea ante a súa primeira comuñón. "Andrea fixo a súa primeira comuñón. Con todo, á cerimonia fáltalle glamour. Para Andrea as cousas sen brilli- brilli non son cousas. O único problema é: Será que o Dios este existe?" explica a sinopse do proxecto. O documental saÃu da propia encarga familiar de facer a reportaxe videográfica da cerimonia, á que o cineasta achegou a súa visión persoal, dándolle nova dimensión a unha filmación doméstica.