Xacio Baño volta de Clermont-Ferrand con dous recoñecementos

Ser e voltar levou mención especial do xurado e o premio Canal+

9/2/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O festival de curtametraxes de Clermont-Ferrand, que remataba esta fin de semana na localidade francesa, recoñeceu o traballo do galego Xacio Baño. A súa curtametraxe Ser e Voltar, na que o director realiza un retrato dos seus propios avós, obtivo unha mención especial do xurado e mais o premio Canal+ na sección Labo, dedicada a proxectos experimentais. Esta primeira incursión de Baño no xénero documental foi xa recoñecida con galardóns no Festival de Cans e en Curtocircuíto.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xacio Baño, Documental, Xénero, Curtocircuíto...

Claves

Protagonistas
Lugares