Novas | 1891 a 1900 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

22/01/2013
Currículum Cajún

Vai para un ano que Arturo L. Regueiro publicaba o seu poemario Currículum oculto da man de TresCTres editores. O volume ía acompañado dun CD no que se podían escoitar as versións recitadas e musicadas de 14 textos incluídos no mesmo. Agora o poeta, acompañado por unha banda, está a presentar en directo a súa creación, cun engadido audiovisual.. Amplía a nova>>

17/01/2013
Juan del Río proxecta hoxe a súa curta Pool co gallo do Sundance

“Non está en sección competitiva do Sundance senón nun panel reservado ás proxeccións da Guetto Film School” explica Juan del Río (A Coruña, 1988)do seu traballo Pool. Fai parte da presentación de proxectos dese centro educativo semipúblico que financian, entre outras entidades, a HBO ou a MTV, que terá lugar hoxe en Park City. “Pool é o traballo que fixen na masterclass pero que financiei eu co que gañei no meu traballo como realizador dun programa de Tarot” explicaba a este medio antes de marchar para Utah. Juan del Río conta que a curta “é unha comedia de ciencia ficción de dous minutos que trata de dous tipos Patrick e Harry que descobren que o que cae na piscina desaparece e empezan a investigar”.. Amplía a nova>>

16/01/2013
Cultura e Academia renovan a súa colaboración para os Mestre Mateo

Os máximos representantes da consellaría de Educación, o conselleiro Jesús Vázquez e o seu secretario xeral, Anxo Lorenzo, reuníronse onte coa xunta directiva da Academia Galega do Audiovisual para renovar o convenio de colaboración para a organización dos premios Mestre Mateo. Os premios, que recoñecen os mellores premios do audiovisual galego, entregaranse o vindeiro mes de marzo. A Televisión de Galicia emitirá esa gala.. Amplía a nova>>

15/01/2013
Rematan as historias do clan Matalobos tras cinco temporadas de emisión

Cotas de share do 21% e unha audiencia media de 175.000 espectadores, Matalobos , a serie de Voz Audiovisual que conta a historia dun clan de narcotraficantes, despídese esta noite da pantalla da TVG. Faino con Non volvas a vista atrás un capítulo que pon fin a cinco temporadas e numerosos premios: Mestre Mateo á mellor serie de televisión en varios anos (2009, 2010 e 2011) ou Premio Circom (2012) á mellor ficción televisiva que concede a organización europea de televisións públicas rexionais.. Amplía a nova>>

15/01/2013
Tres ciclos de cine achegarán clásicos no Ateneo Ferrolán

O Ateneo Ferrolán recupera o seu ritmo de traballo habitual trala apertura da súa sede social con tres ciclos de cine. O primeiro deles, de temática bélica abre esta tarde as proxeccións con Adeus ás armas, a adaptación da obra de Hemingway. Os falisficadores, Stalingrado, Terra e Liberdade conforman a programación desta aposta que se exhibriá todoso os martes. Despois chegarán as proxección de filmes ambientados no século XVIII onde o encargado de abrir o ciclo será a cinta de Ridley Scott sobre un relato de Joseph Conrad, Os duelistas. Será o humor, con obras clásicas de Billy Wilder e unha achega aos humoristas británicos Monty Python quen peche a programación cinematográfica deste primeiro cuatrimestre.. Amplía a nova>>

15/01/2013
O Festival de Cans abre o prazo de presentación de curtametraxes

Ata o 15 de marzo está aberto o prazo de admisión de curtametraxes da décima edición do Festival de Cans. Unha cita que mantén as mesmas categorías e a dotación económica dos seus premios (6.200 euros para curtametraxes de ficción, de animación e videoclips) malia o contexto económico. A Asociación Cultural Arela, organizadora deste encontro, “está agora tratando de concretar as axudas que recibirá da administración galega, ademais de procurar novos apoios privados e abrir novas vías de financiamento” segundo explican nunha nota de prensa. En 2012 o festival deixou de recibir a axuda do Ministerio de Cultura que, recortou á metade as súas axudas a este tipo de encontros. . Amplía a nova>>

11/01/2013
O galego Juan del Río leva a súa curta Pool ao Sundance

O prestixioso festival de Sundance, un referente da produción independente, contará na sección non competitiva cun traballo galego. Trátase de Pool, a curtametraxe do director Juan del Río (A Coruña, 1988), tal e como afirma o propio creador nunha entrevista concedida a "Compostimes". A curta ten unha historia curiosa ás súas costas, porque no marco dun curso na Ghtetto Film School de Nova York o seu traballo Pool foi elexido para representar a escola norteamericana en Internet logo de estrearse nun gala á que asistiu Robert de Niro. O video, apadriñado por Youtube, acadou 30.000 visitas en 12 horas. . Amplía a nova>>

10/01/2013
Alberto Gracia estreará en Rotterdam a súa primeira longametraxe

A súa primeira incursión no mundo de cinema de autor foi Microfugas, curtametraxe experimental que tentou achegarse aos mecanismos de achegamento á realidade. Tras ese traballo, Alberto Gracia acaba de dar o salto á longametraxe co O Quinto Evanxeo de Gaspar Hauser. E a súa estrea mundial terá lugar no Festival Internacional de Cinema de Rotterdam, unha das citas máis relevantes do cinema. A premiere terá lugar na sección Bright Future reservada para creadores que presentan as súas primeiras obras.. Amplía a nova>>

10/01/2013
A directora do ICAA explicará as vindeiras liñas de axuda do seu departamento

Susana de la Sierra é a responsable do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA), entidade que xestiona a política audiovisual no Estado. Estará en Santiago o vindeiro xoves 17 de xaneiro, convidada polo Clúster Audiovisual de Galicia (CLAG) ), co apoio da Secretaría Xeral de Cultura e da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), para dar a coñecer as diferentes liñas de apoio do ICAA á industria cinematográfica española e as súas perspectivas de futuro. Unha xornada de balde, previa inscrición, na que os produtores asistentes poderán debater aspectos relativos ao sector.. Amplía a nova>>

09/01/2013
O Cineclube Compostela dedícalle un ciclo ao conflito palestino

Unha ollada sobre Palestina contada na voz de documentalistas críticos como son os finados Mustafa Abu Ali ou Jahn var der Keuken, xunto con Carolina Rivas, unha recoñecida realizadora mexicana, ou o galego Alberte Pagán. Este é o ciclo que este mes de xaneiro programa o cineclube compostela (todos os mércores ás 21:30 horas en versión orixinal con subtítulos en galego) e que arrinca esta noite. Non existen e Os palestinos son dous documentais breves que afrontan desde diferentes perspectivas os campamentos de refuxiados palestinos do sur do Líbano.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org