“Non está en sección competitiva do Sundance senón nun panel reservado ás proxeccións da Guetto Film School” explica Juan del RÃo (A Coruña, 1988)do seu traballo Pool. Fai parte da presentación de proxectos dese centro educativo semipúblico que financian, entre outras entidades, a HBO ou a MTV, que terá lugar hoxe en Park City. “Pool é o traballo que fixen na masterclass pero que financiei eu co que gañei no meu traballo como realizador dun programa de Tarot” explicaba a este medio antes de marchar para Utah. Juan del RÃo conta que a curta “é unha comedia de ciencia ficción de dous minutos que trata de dous tipos Patrick e Harry que descobren que o que cae na piscina desaparece e empezan a investigar”.