O prestixioso festival de Sundance, un referente da produción independente, contará na sección non competitiva cun traballo galego. Trátase de Pool, a curtametraxe do director Juan del RÃo (A Coruña, 1988), tal e como afirma o propio creador nunha entrevista concedida a "Compostimes". A curta ten unha historia curiosa ás súas costas, porque no marco dun curso na Ghtetto Film School de Nova York o seu traballo Pool foi elexido para representar a escola norteamericana en Internet logo de estrearse nun gala á que asistiu Robert de Niro. O video, apadriñado por Youtube, acadou 30.000 visitas en 12 horas.
Del RÃo participou no Festival International Creatividad, Innovación y Cultura Digital o pasado mes de decembro co traballo Nadie se mete con Acuña. A piques de rematar Señuelo, un thriller claustrofóbico con Polanski como referencia principal, xa ten un drama psicolóxico en mente.
*Información corrixida e actualizada.